Álvaro Bustos, entre algodóns por un golpe no pé
Por Diego Espiño
A volta ao traballo do primeiro plantel do Pontevedra Club de Fútbol trouxo consigo unha noticia preocupante para os granates, e é que Álvaro Bustos non se recuperou aínda dun forte golpe no pé sufrido no duelo do pasado domingo en Oviedo.
O futbolista asturiano, peza clave en equipo, exercitouse a menor ritmo que os seus compañeiros na sesión celebrada no campo de Cerponzóns ao non remitir as molestias despois da xornada de descanso do martes.
A pesar diso Luismi sinalou na súa habitual comparecencia ante os medios de comunicación que espera que o extremo se recupere a tempo para o duelo do próximo domingo ante o Atlético de Madrid B.
Os que seguro non estarán contra o filial colchoneiro serán Campillo, que segue recuperándose dunha lesión muscular, e os sancionados Nacho López e Berrocal, tendo en conta que a Xuíza Única de Competición confirmou a suspensión dun encontro a cada un deles polas súas respectivas expulsións.
Pola súa banda, tras un inicio de tempada minguado por un problema no nocello, Adighibe "está mejor y ya incluso se entrena sin dolor", confirmou Luismi, que espera aos poucos poder ir vendo a mellor versión do dianteiro.
Relacionadas:
-
Desastre dun irrecoñecible e débil Pontevedra fronte ao Atlético Madrid B (1-5)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Luismi apela á experiencia para derrotar ao Atlético B
Por Manu Otero |
-
Os laterais, unha dor de cabeza para Luismi
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra B cae goleado (6-1) na súa visita ao líder da Preferente, o Atios
Por Redacción |