O Arxil, "a pleno rendemento" ante o inicio da Liga Feminina 2
Por Redacción
"A pleno rendemento". Así asegura estar a traballar o Club Baloncesto Arxil a só uns días de que comece unha nova tempada na Liga Feminina 2, categoría de prata do baloncesto nacional.
Despois dunha pretempada accidentada, na que problemas físicos de "índole menor", explican desde a entidade, impediron a varias xogadoras exercitarse ao 100% das súas posibilidades, o primeiro plantel arxilista atópase preparada para o esixente debut que lle espera.
O primeiro rival do curso será un dos favoritos ao ascenso, o Celta Zorka vigués que visitará o sábado 5 de outubro o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (19:30 horas).
"As novas incorporacións adaptáronse moi ben ao xogo do equipo", asegura Lino Vázquez antes de enfrontarse a un rival que en Copa Galicia venceunas por 14 puntos de diferenza. Claro que a liga é xa outra historia.
Ademais das propias sesións de adestramento, con especial atención estes días a aspectos tácticos do xogo e ao estudo do seu primeiro adversario, o Arxil levou a cabo estes días os habituais recoñecementos médicos ás súas xogadoras, exames que foron supervisados polo doutor Rafael Domínguez no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Arxil debuta en liga con derrota ante o Celta (50-70)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Celta Zorka, primeiro obstáculo na nova aventura do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil cae diante do Zamarat no partido de presentación ante o seu público (48-63)
Por Redacción |
-
Os tiros libres condenan a un Arxil que acumula a súa terceira derrota en Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil cae fronte ao Celta Zorka na segunda xornada de Copa Galicia
Por Redacción |