O Concello pecha o prazo para optar ás axudas deportivas con 63 clubs solicitantes
Por Redacción
O prazo de presentación de solicitudes para acceder ás subvencións para clubs deportivos que ofrece o Concello de Pontevedra pechouse este mércores cun total de 63 solicitantes, sete máis que os que concorreron á convocatoria do 2017.
O servizo municipal de Deportes analizará agora a documentación achegada polos clubs e nos próximos días publicarán as listas de beneficiarios. No caso de que algún dos solicitantes non cumpra os requisitos que figuran nas bases, o Concello daralles un prazo adicional de dez días para liquidar os problemas.
Logo, unha comisión presidida polo concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e con presenza de representantes de todos os grupos da corporación avaliarán cada unha das solicitudes para realizar unha resolución provisional. Os clubs terán dereito a presentar alegacións, que serán estudadas polos técnicos para, a continuación, emitir a resolución definitiva.
Fernández mostrouse moi satisfeito con "a axilidade coa que o servizo de Deportes está a realizar a tramitación das axudas do 2018" e asegurou que mantén en pé a súa intención de que as entidades poidan cobrar os 300.000 euros, orzamento total da convocatoria, "antes de que termine o ano".
Relacionadas:
-
O Concello contratará unha 'app' para mellorar a comunicación cos clubs deportivos da cidade
Por Redacción |
-
A Xunta de Goberno aproba as subvencións das escolas deportivas da tempada 18/19
Por Redacción |
-
O Concello traballa nunha nova normativa que regule as instalacións deportivas e as taxas polo seu uso
Por Redacción |
-
O Concello comprométese a axilizar o pago das subvencións aos clubs deportivos
Por Redacción |
-
O Concello comeza a poñerse ao día coas subvencións aos clubes deportivos
Por Redacción |
-
O Concello avanza que se poñerá ao día coas subvencións deportivas "dentro deste ano"
Por Diego Espiño |