Luismi apela á experiencia para derrotar ao Atlético B
Por Manu Otero
Pasarón, ese estadio no que o curso pasado o Pontevedra só sufriu unha derrota, recibe o domingo (17 horas) ao único equipo que foi capaz de derrotar aos granates no seu fortín, o Atlético B. Con todo, esta tempada a situación cambiou. A escuadra lerezana non é tan forte en casa como o ano pasado e o Atlético Baleares xa conseguiu pescar os tres primeiros puntos en chan pontevedrés hai dúas semanas.
A xuventude, calidade, ritmo de xogo e descaro dos colchoneiros é a principal ameaza do rival deste domingo e para contrarrestar esas calidades, Luismi Areda apela a algo que o Atlético B non ten: experiencia. "A experiencia tense que notar en certos momentos do partido, eles acaban de chegar ao fútbol sénior", declarou o adestrador do Pontevedra, quen alerta de que a pesar de que a pesar de que o plantel do filial atlético sufriu unha profunda renovación, "moitos adestran cada día co primeiro equipo".
Un que non estará o domingo en Pasarón é Sergio Camello, o dianteiro branquivermello foi o mellor do seu equipo no duelo da tempada pasada pero non viaxa cos seus compañeiros por lesión. Pola súa banda, o técnico granate non poderá contar tampouco con Campillo, que evoluciona favorablemente da súa lesión pero aínda non está en condicións de disputar un partido; nin con Nacho López nin Berrocal por sanción.
A pesar das ausencias, Areda está convencido de que o seu equipo pode vencer ao Atlético B. A vitoria conseguida a xornada anterior en Oviedo foi balsámica e serviu para reforzar a moral do equipo e disipar a desconfianza que xurdiran entre algúns seguidores. "Había dúbidas entre a afección e veu ben gañar. Estamos con ganas e confianza", sinalou o adestrador, que insiste en que está satisfeito co traballo e xogo dos seus pupilos e que a única diferenza entre os dous últimos partidos estivo no acerto para porta.
O que terá opcións de disputar os seus primeiros minutos sobre o verde de Pasarón é o mediocentro hondureño Alfredo Mejía, que xa se atopa en perfecto estado de forma e que xa disputou o seu primeiros noventa minutos no último partido do Pontevedra. En Oviedo, pola expulsión de Nacho, o centrocampista tivo que xogar a maior parte do duelo como lateral dereito, algo que Luismi asegura que, a pesar da súa boa actuación, non se repetirá.
Relacionadas:
-
Luismi prepara a visita do Xetafe B "sen marxe de erro"
Por Manu Otero |
-
Peche de filas nun Pontevedra que chama a "hacer piña" tras o desastre ante o Atlético B
Por Diego Espiño |
-
Desastre dun irrecoñecible e débil Pontevedra fronte ao Atlético Madrid B (1-5)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Álvaro Bustos, entre algodóns por un golpe no pé
Por Diego Espiño |
-
Os laterais, unha dor de cabeza para Luismi
Por Diego Espiño |
-
'Déjà vu' do Pontevedra en Oviedo para gañar con nove ao Vetusta (0-1)
Por Redacción |
-
Luismi pide tranquilidade e fuxir do nerviosismo para acabar coa mala serie
Por Manu Otero |
-
A falta de puntería e unha nefasta arbitraxe condenan ao Pontevedra fronte ao Atlético Baleares (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |