Dous goles na primeira metade condenan ao Poio Pescamar fronte ao Atlético (1-2)
Por Almu Dapena & Diego Torrado
O Poio Pescamar recibiu este sábado na Seca ao Atlético Navalcarnero, principais candidatas a facerse co título de liga.
O conxunto madrileño comezou dominando o partido a base dunha presión alta que impedía que o Poio puidese completar 3 pases seguidos. Foi no minuto 7 cando as visitantes tomaron a dianteira cun gol de Ari desde o punto de penalti e as locais, no seu intento de empatar o partido, atopáronse con catro faltas en 10 minutos de encontro.
A pesar da alta presión que realizaban as locais na procura dun gol que as metese de novo no partido, foi un fallo en defensa o que ampliou a vantaxe das de Madrid. Foi Gaby a que, nun man a man con Caridade, mandou o balón á rede e puxo o 0-2 no luminoso.
Cunha desvantaxe de dous goles ao descanso, o Poio reaccionou subindo a intensidade do xogo ante un Atlético que optou por tocar sen conceder roubos en metade de cancha ás contrarias.
O partido seguiu o seu curso e o luminoso non cambiaba ata que, a falta de catro minutos de partido, o adestrador local decidiu cambiar a premisa táctica e optar por un xogo de cinco. Desta maneira chegou o gol do Poio. Foi no último minuto de partido cando Andrea Feijoo resolveu ao segundo pau o ataque polo á dereita que de nada serviu xa que o colexiado non tardaría en pitar o final do encontro a pesar da intensa procura do empate por parte da rojillas.
POIO PESCAMAR (1): Caridad; Anna Escribano, Carolina, Dani Sousa y Ana Rivera (quinteto inicial). También jugaron, Mirian Ruiz, Andrea, Clara, Irene García y Antía.
ATLÉTICO NAVALCARNERO (2): Belén; Amelia, Leti, Anita Luján e Irene Córdoba (quinteto inicial). También jugaron, Ari, María Sanz, Amelia Romero, Laura Córdoba, Albita, Irene Córdoba y Marta Balbuena (segunda portera) y Gaby.
Árbitros: Menéndez Nistal e Figueroa Veiga do colexio galego que amoestaron a Andrea Feijoo e Carolina no Poio e Leti, Anita Luján e María Sanz no Atlético Navalcarnero.
Goles: 0-1, min. 7 Ari (penalti). 0-2, min. 16 Gaby. 1-2, min. 39 Andrea Feijoo.
Incidencias: Pavillón Municipal de Poio. Uns 550 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar volve a golear, esta vez ao Bilbo a domicilio (4-6)
Por Redacción |
-
Un inmellorable Poio Pescamar golea á UCAM na segunda metade (8-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar debe volver gañar na casa para non perder o tren da final a catro
Por Redacción |
-
Vitoria contundente do Poio Pescamar fronte ao Universidad de Alicante (1-4)
Por Almu Dapena |
-
O virus Fifa cébase co Poio Pescamar antes de recibir ao Atlético
Por Manu Otero |
-
Unha escordadura aparta a Silvia Aguete da Selección
Por Redacción |
-
Empate amargo para o Poio Pescamar ante un Esplugues moi forte en defensa (1-1)
Por Almu Dapena |