Irene Trabazo e Jacobo Ucha vencen en Poio para inaugurar a nova tempada de ciclocrós
Por Redacción & Diego Torrado
A terceira edición do Ciclocrós Poio Móvese celebrouse esta fin de semana no Parque da Reiboa, na Seca e contou con récord de participación con 393 deportistas nas diferentes categorías.
A primeira proba do calendario da Copa Galicia de Ciclocrós deixou como vencedor a Jacobo Ucha (Quebici- Marcisport) na proba elite masculina e Irene Trabazo (Club Ciclista Marín) na feminina.
Os encargados de inaugurar o programa foron os participantes na categoría máster. Cun récord de participación na categoría máster 40 cun total de 101 competidores, foi Alejandro Trabach o que se fixo coa vitoria, mentres que Andrés Calvete e o portugués Antonio Sousa, foron os que venceron na máster 30 e 50 respectivamente. Pola súa banda, na categoría feminina venceron Isabel Castro no máster 40, e Rocío Blanco na máster 30.
En categoría cadete, foi Ricardo Buba (Coruxo) o que quedou como vencededor da proba masculina e Laura Mira (Redondela) na proba feminina. Jorge Suarez (Grupo Deportivo Supermercados) foi o primeiro da serie dos sub23, mentres que Jorge Fernández (Club Ciclista Ponteareas) e Ana Santos completaron a lista de gañadores en categoría junior.
Relacionadas:
-
O Poio Bike Club, preparado para unha nova tempada
Por Redacción |
-
Irene Trabazo asegúrase en Valencia o título de campioa da Copa de España Sub-23 de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo vístese de líder Sub-23 na Copa de España de Ciclocrós antes do seu desembarco en Pontevedra
Por Redacción |
-
Jacobo Ucha acaba primeiro e Irene Trabazo segunda na Copa Galicia de Ciclocrós de Marín
Por Redacción |
-
Poio abre o calendario do ciclocrós galego cun participación de récord
Por Diego Espiño |