Jéssica Bouzas avanza con paso firme no Torneo Internacional ITF Júnior de Sanxenxo
Por Redacción
As primeiras roldas do Torneo Internacional ITF Júnior de Sanxenxo, que se está disputando esta semana no Círculo Cultural Deportivo, confirmaron a Jéssica Bouzas como una as máximas favoritas ao título.
A xogadora arousá, cabeza de serie número 1 do cadro feminino, avanza con paso firme.
En primeira rolda Bouzas desfíxose da británica Eva Shaw (6-2, 6-4), e este mércores superou á francesa Amandine Monnot, tamén en dúas mangas (7-6, 6-1) para citarse nos cuartos de final coa austríaca Elena Karner.
Pola súa banda no cadro masculino foron despedíndose varios cabezas de serie, e é que dos oito mellores preclasificados soamente tres conseguiron alcanzar os cuartos de final.
Nesta rolda Mario Mansilla quedouse como único representante español tras gañar por un dobre 6-3 ao francés Breysach.
Durante este xoves disputaranse os cuartos de final individuais para chegar á decisiva fin de semana, no que se coñecerán os gañadores do torneo internacional júnior máis lonxevo do calendario nacional.