O Visit Pontevedra feminino volve gañar e conta os seus partidos por vitorias
Por Redacción
O equipo feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro, o Visit Pontevedra, segue arrasando nos seus primeiros partidos en División de Honra. Na terceira xornada de competición, o cadro pontevedrés derrotou por 4-2 ao CMT Narón e acumula xa tres vitorias consecutivas nun inicio de liga extraordinario. "Non esperabamos comezar desta forma. As mozas empezaron esta liga con moita ilusión, seguridade e intensidade, e o traballo realizado en pretemporada está a dar os seus froitos", comentó Nacho Fernández, adestrador do Visit Pontevedra.
O encontro comezou coa derrota da campioa galega Mar Rivas ante o chilena Cristal, do Narón, por 1-3. O seguinte enfrontamento mediu á local Daria Kuskova, que se desfixo con facilidade de Claudia Canay para igualar a contenda. O Visit Pontevedra conseguiu poñerse por diante no marcador cun novo triunfo de Noa Bernárdez sobre Ana Otero.
Conseguiu igualar o partido o Narón grazas á vitoria de Cristal sobre Kuskova. Pero de novo apareceron Noa Bernárdez e Mar Rivas para vencer a Claudia Canay e Ana Otero poñendo o definitivo 4-2 no marcador.
Con esta vitoria, o Visit Pontevedra sitúase na zona alta da clasificación ao levar 3 vitorias en 3 encontro na División de Honra Feminina.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro vence o San Sebastián de los Reyes e suma a súa quinta vitoria esta tempada (4-2)
Por Redacción |
-
Segunda vitoria consecutiva do Tenis de Mesa Monte Porreiro tras gañar o AD Vincios (1-4)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro, sen opción ante o Irun Leka Enea e cae con claridade (4-0)
Por Redacción |
-
Derrota do Visit Pontevedra ante o líder, o Priego TM (2-4)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O TM Monte Porreiro cae ante o Híspalis e suma a súa primeira derrota desta tempada (4-0)
Por Redacción |