O descenso de carrilanas máis divertido viviuse en Pintos esta fin de semana
Por Redacción & Diego Torrado
Por terceiro ano consecutivo, Marcón acolleu o Campionato de España de Deportes de Inercia. Durante toda a fin de semana, os pilotos baixaron a toda velocidade pola estrada de Pintos superando grandes pendentes e importantes curvas cos seus vehículos artesanais.
O sábado pola tarde celebrouse a xornada de adestramentos onde os participantes recoñeceron o terreo para prepararse para a competición do domingo que se decidiu en dúas mangas cronometradas con saída desde o polígono de O Campiño.
O circuíto dividiuse en dous partes, unha máis técnica sen excesiva pendente e outra de descenso, onde os competidores procedentes de diferentes puntos de Galicia, Asturias, Cantabria, León e Portugal, puideron demostrar a súa habilidade ante numeroso público.
Relacionadas:
-
Pintos será escenario esta fin de semana da carreira máis divertida
Por Redacción |
-
San Xurxo de Sacos celebra este sábado a III Baixada de Carrilanas
Por Redacción |
-
Barro celebra este domingo a cuarta edición da súa baixada de carrilanas
Por Redacción |
-
Carrilanas a toda velocidade para unha fin de semana de diversión en Pintos
Por Redacción & Diego Torrado |