Éxito de participación no Medio Maratón de Pontevedra coa vitoria de Anxo Castro e Beatriz Fernández
As rúas de Pontevedra acolleron durante a mañá deste domingo día 20 o clásico medio maratón que organiza cada ano a Sociedade Ximnástica. Nesta vixésima cuarta edición bateuse o récord de participación con máis 1500 corredores.
Como novidade, este ano incorporouse a carreira de 10 quilómetros que, xunto coa xa habitual de 21 quilómetros, comezou ao redor das 11:00 nas inmediacións da Ponte dos Tirantes en dirección a Marín onde todos os participantes concentráronse antes de dar o pistoletazo de saída.
Carlos Porto foi o que atravesou en primeiro lugar a liña de meta que se atopaba no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Cun tempo de 31:43, foi o primeiro en completar os 10 quilómetros de percorrido, seguido de Vicente Suárez (32:28) e de Bilal Dahmouni (33:00).
En categoría feminina, a gañadora foi Anaís Rivas que completou a carreira en 39:39. A segunda clasificada foi María Ángeles Castro, que chegou cun tempo de 39:52; mentres que a terceira praza foi para Laura Pérez que completou o traxecto en 40:26.
Con respecto aos gañadores da habitual media maratón, o máis rápido en percorrer os 21 quilómetros foi Anxo Castro, que cruzou a meta cun tempo de 1:09:29, superando en 4 minutos a Álvaro Prieto (1:13:31). Jose Canda foi terceiro a 5 minutos do gañador (1:14:08).
Beatriz Fernández gañou en categoría feminina cun tempo de 1:24:21, seguida de María Jesús Gestido (1:24:57) e de María do Rosario Figueroa (1:25:32).
Consulta os resultados do Medio Maratón de Pontevedra 2019 e da carreira de 10 quilómetros.
Éxito de participación na celebración do Medio Maratón Ciudad de Pontevedra
A vixésima cuarta edición da proba, estivo acompañada dunhas boas condicións metereolóxicas, e foi un auténtico éxito en canto a participación e encheu a cidade de cor
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Un Medio Maratón limitado a 300 participantes e con prioridade para empadroados e clubs da cidade
Por Diego Espiño |
-
O Medio Maratón de Pontevedra non quere faltar á súa cita e anuncia a súa XXV edición para o 18 de outubro
Por Diego Espiño |
-
Manuel Hurtado 'baña' á Gimnástica en prata no Nacional de Maratón
Por Redacción |
-
O Medio Maratón de Pontevedra aspira a superar os 1.500 corredores
Por Manu Otero |
-
O medio maratón de Pontevedra incorpora este ano unha carreira de 10 quilómetros
Por Redacción |
-
Manuel Hurtado, da Ximnástica, prata no Campionato de Europa Máster
Por Redacción |
-
Preto de 1.500 persoas deixan a súa pegada no Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |