O derbi pontevedrés cae ao lado do Pontevedra Rugby Club (20-36)
Por Redacción & Diego Torrado
Tres tempadas despois, o derbi do rugby pontevedrés volveu ao campo de Monte Porreiro nunha xornada de celebración para o deporte local.
Mareantes e Pontevedra Rugby Club, que esta vez actuaba de visitante, enfrontábanse na segunda xornada da renovada Liga Galega tras a unificación das dúas categorías autonómicas sénior.
O duelo caeu ao lado do equipo que chegaba como favorito, o PRC, tras a súa boa actuación no seu primeiro encontro. Así, aínda que se viviron fases de igualdade entre ambos, o resultado foi de 20 a 36.
Desta forma o PRC colócase terceiro na táboa con 9 puntos tras dúas vitorias en dúas xornadas, mentres que o Mareantes segue sen estrearse e queda no posto 12 da táboa con 0 puntos, ao non lograr sumar ningún bonus.
A próxima cita ligueira enfrontará ao Pontevedra Rugby Club co Lalín na casa mentres que o Mareantes visitará ao Vigo Rugby B.
Relacionadas:
-
O Pontevedra Rugby Club perde a súa condición de invicto ante o potencial do CR Ferrol
Por Redacción |
-
Cinco de cinco para o Pontevedra Rugby Club e estrea para o Mareantes
Por Redacción |
-
O derbi entre Mareantes e Pontevedra RC regresa despois de tres tempadas
Por Redacción |
-
Estrea dispar para os equipos pontevedreses na renovada Liga Galega de rugby
Por Redacción |