A croata Tara Wurth e o danés Elmer Moller, vencedores do Torneo Internacional Júnior de tenis de Sanxenxo
Por Redacción
O 18º Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Sanxenxo chegou a fin de semana ao seu fin tras unha semana de emoción e deportividade nas pistas do Círculo Cultural Deportivo.
A croata Tara Wurth proclamouse vencedora na categoría feminina despois de superar na gran final á letona Patricija Spaka. Wurth plantouse no duelo polo título tras eliminar na semifinal á arousá Jéssica Bouzas, que ata entón protagonizara un gran torneo.
Na final, a tenista croata tivo que repoñerse a unha primeira manga na que o seu rival foi tremendamente superior (1-6), pero terminou remontando ao facerse con apuros co segundo set (7-5) e dominar o set definitivo (6-0).
En canto á final masculina o danés Elmer Moller, primeiro cabeza de serie do cadro, fixo valer os prognósticos ao vencer ao francés Timo Legout (6-3, 6-4) con autoridade.
Así se pechou a última edición do Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo como 'Grao 2', xa que o próximo ano o torneo ITF júnior máis veterano do calendario nacional será da máxima categoría, 'Grao 1', por primeira vez na súa historia.
Esta semana toma a testemuña da competición no Círculo Culutral Deportivo de Sanxenxo a 12ªedición do seu Torneo Internacional Cadete.
Relacionadas:
-
Os equipos de pádel do CCD Sanxenxo chegan ás Series Nacionais
Por Redacción |
-
A húngara Toth e o noruegués Hoeyeraal levan o ITF Júnior de Pontevedra
Por Redacción |
-
Satisfacción no CCD Sanxenxo tras o seu primeiro Torneo Internacional ITF Sénior
Por Redacción |
-
O Torneo Júnior ITF de Sanxenxo logra o salto á máxima categoría internacional
Por Redacción |