Jesús Ramos asume o mando de maneira interina disposto a afrontar "lo que me toque"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
A nova etapa no Pontevedra Club de Fútbol tras o cesamento de Luismi como adestrador do primeiro equipo iniciouse este martes co regreso aos adestramentos no campo de fútbol de Cerponzóns.
Jesús Ramos, ata o de agora segundo de a bordo e coordinador da base, púxose ao man da nave de maneira interina ata que o Consello de Administración decida quen será o seu substituto ou se pola contra deposita nel a súa confianza.
Home da casa, Ramos asegura que está preparado para "lo que haga falta, soy empleado del club". Por ese motivo "lo que me digan lo haré, evidentemente con la mayor de las ilusiones y con trabajo", asegurou ao termo da primeira sesión da semana.
De feito, ademais de segundo adestrador con Luismi ou coordinador dos equipos, sempre se mostrou disposto a colaborar en "lo que me toque", por exemplo cando o curso pasado o prebenxamín non tiña adestrador "y tuvimos que bajar Miguel y yo durante tres días".
Máis aló do que depare o seu futuro no posto, o técnico comezou cun traballo de recuperación anímica do plantel, recoñecendo primeiro que "hay que hacer un poco de autocrítica porque evidentemente estamos haciendo algunas cosas mal, pero otras las estamos haciendo bien", reflexionou antes de deixar a súa mensaxe aos xogadores: "Es cuestión de creer, y creer muchas veces te lo da el ganar. Tenemos que creer en ganar, en que hay que competir", empezando por suposto na primeira cita que se presenta no horizonte, a visita ao feudo do Celta B o vindeiro sábado día 26 (16:30 horas).
Jesús Ramos: "Tenemos que creer en ganar, en que hay que competir"
O adestramento comezara cunha charla do conselleiro responsable da planificación do equipo, Roberto Feáns, aos xogadores sobre o céspede artificial de Cerponzóns.
BERROCAL E CAMPILLO, Á MARXE
No estritamente deportivo, a semana comezou con Berrocal exercitándose a menor ritmo que os seus compañeiros por culpa dunhas molestias musculares que en todo caso espera non lle aparten do equipo pensando na fin de semana. Xunto a el atopábase un Campillo que afronta a fase final de recuperación da súa lesión e que a próxima semana espera incorporarse ao grupo.
OPERACIÓN DE JAVI LÓPEZ
Outro dos focos de atención da xornada está no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez, onde ás 15:00 horas deste martes estaba prevista a operación de Javi López, lesionado de longa duración debido a unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo e tamén do corno posterior do menisco. O seu tempo estimado de baixa tras a intervención cirúrxica sitúase entre os 6 e 8 meses.
Segundo o parte médico facilitado polo club a última hora da tarde, a operación completouse "sen complicacións".
Relacionadas:
-
Acordo antes do mércores co novo adestrador ou prórroga a Jesús
Por Diego Espiño |
-
Goles canteiráns para unha remontada agónica do Pontevedra ao Celta B (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
"No tengo fecha de caducidad", asegura Jesús Ramos ante a súa estrea no banco granate
Por Diego Espiño |
-
Pol Bueso, o oitavo lateral
Por Diego Espiño |
-
Edu pide un voto de confianza no plantel: "No estamos dando nuestro mejor nivel, pero no porque no queramos"
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo ve "falta de actitud" no plantel pero entende que "cuando algo va mal hay que buscar un culpable"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Luismi deixa de ser adestrador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Roberto Feáns: "Hay que tomar medidas y buscar soluciones"
Por Diego Espiño |
-
Ridículo dun Pontevedra en crise ante o pechacancelas Getafe (2-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |