Benja: "Viendo el equipo que tenemos creo que vamos a hacer un buen año"
Por Diego Espiño
Nova presentación no Pontevedra Club de Fútbol. O dianteiro Benjamín Gómez 'Benja', procedente do Celta B, chega ao club granate coa intención de gozar dos minutos que lle faltaron nun "año complicado" no filial celeste debido ás lesións.
Benja, que anteriormente estivo cedido no Rápido de Bouzas, defínese como un "delantero rápido y con buen golpeo de balón", asina por un ano e parte coa idea de pelexar en Pontevedra por repetir o ascenso logrado polo Celta B hai poucos días.
O futbolista coñece ben a algúns dos integrantes do plantel granate, motivo polo cal se mostra confiado no rendemento do equipo: "viendo el equipo que tenemos creo que vamos a hacer un buen año".
O Pontevedra espera fichar aínda a un lateral esquerdo, un centrocampista defensivo e un dianteiro
Coa fichaxe de Benja e a de Luismi, que será presentado nos próximo días, o club lerezano queda agora a expensas de realizar tres incorporacións para o lateral esquerdo, un centrocampista de corte defensivo e outro dianteiro, segundo asegurou o director deportivo Milo Abelleira: "nos lo vamos a tomar con calma, creo que tenemos que esperar a los jugadores que quieren jugar en Segunda B y tengan problemas para encontrar acomodo".
No caso do lateral faráselle un oco no equipo ao xuvenil Bruno, que pelexará polo posto co futbolista que chegue para esa demarcación, segundo o propio Milo: "lo que no queremos es volver a sacrificar a Adrián todo el año en la izquierda".
MILO CONFIRMA QUE JACOBO PODERÍA DEIXAR O PONTEVEDRA
As tres incorporacións pendentes poderían converterse en catro se finalmente Jacobo abandona a disciplina granate rumbo a Segunda B despois do interese que ten nel o Compostela.
Milo Abelleira confirmou que esta posibilidade, adiantada por PontevedraViva, está aberta: "hay que ver que pasa con el Compostela, sé que Fredi tiene interés y en su contrato tiene que se puede ir por una pequeña cantidad de dinero".