Repartición de puntos no derbi entre Villalonga e Pontevedra B (1-1) e entre Cambados e Ribadumia (0-0)
Por Redacción
Emoción ata o final en San Pedro no derbi que enfrontaba ao Vilalonga e ao Pontevedra B.
Os locais empezaron adelatándose no marcador cun gol de David Calo cando estaba a piques de concluír a primeira metade.
Co 1-0 no marcador chegouse ao descanso e xa no segundo tempo, o Pontevedra envorcouse en empatar o partido e botou ao equipo arriba.
O partido estaba case terminado e os de granate concentrábanse no campo dos locais en busca a igualada, que finalmente chegou no minuto 88 despois de que o colexiado pitase un penalti. Foi Hugo o encargado de materializar a pena máxima e de poñer o 1-1 final.
Consulta a acta do partido Vilalonga-Pontevedra B na seguinte ligazón.
O Portonovo logrou esta fin de semana a súa segunda vitoria consecutiva. Para iso tivo que desprazarse a Ourense para enfrontarse ao Velle, equipo que se atopa, despois deste resultado, a só dous puntos de distancia.
O partido comezou co Portonovo dominando en posesión e en ocasións e só necesitou 12 minutos para adiantarse no marcador cun gol de Diego. Co 0-1 a favor do Portonovo chegouse ao descanso.
Despois do paso polo vestiario, a tónica da primeira parte mantívose e Franco ampliou distancias no marcador no minuto 53. Tras o gol, o Velle reaccionou e conseguiu varias ocasións claras a balón parado que non chegaron a materializarse.
Co partido xa concluído, e cos de Oursense buscando o gol, chegou unha contra do Portonovo e de novo Franco mandou o balón á rede e puxo o 0-3 final.
Consulta a acta do partido Velle-Portonovo na seguinte ligazón.
Un dobrete de Adri Estévez dálle a vitoria ao Beluso fronte ao Xuvenil de Ponteareas.
O Beluso recibiu esta fin de semana ao Xuvenil de Ponteareas que suma a súa sétima derrota esta tempada.
Os locais abriron o marcador aos 7 minutos de encontro cun gol de Adri Estévez. Co 1-0 no luminoso, chegouse ao descanso e no minuto 52 chegou o gol do empate grazas a un disparo de Diego Lorenzo.
Pouco durou o 1-1 xa que Adri Estévez marcou o seu segundo tanto a falta de 30 minutos para que o partido concluíse e, por moitos intentos do Ponteareas en empatar de novo o encontro, finalmente os 3 puntos quedaron en As Laxes.
Consulta a acta do partido Beluso-Xuvenil Ponteareas na seguinte ligazón.
O Céltiga caeu esta fin de semana por dous goles a cero no partido no que se enfrontou ao Arnoia.
Rober foi o encargado de adiantar aos locais cun gol no minuto 25. Co marcador en contra, o Céltiga buscou empatar o encontro e gozou de importantes ocasiones pero, cando o árbitro estaba a piques de pitar o final, Bruno marcou o segundo tanto para o Arnoia.
Con esta vitoria o Arnoia ponse líder con 22 puntos e o Céltiga queda en sexta posición.
Consulta a acta do partido Arnoia-Céltiga na seguinte ligazón.
Derbi sen goles o vivido esta fin de semana no campo de Burgáns onde se enfrontaron o Cambados e o Ribadumia.
Calquera dos dous equipos puido facerse cos tres puntos pero ningún tivo ocasións claras na área do rival. Con este resultado, Cambados e Ribadumia mantéñense igualados a 15 puntos.
Consulta a acta da partido Juventud Cambados-Ribadumia na seguinte ligazón.
O Sanxenxo logrou esta fin de semana a vitoria pola mínima no partido no que se enfrontaba ao Valladares en Baltar.
O único gol do encontro marcouno o xogador visitante Heber Fernández en propia porta no minuto 62.
Consulta a acta do partido Xuventude Sanxenxo-Valladares na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B non pasa do empate sen goles contra o Gran Peña na Xunqueira
Por Redacción |
-
Empates pola mínima entre Pontevedra B e Porriño (1-1), e no derbi entre Cambados e Portonovo (1-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B deixa os 3 puntos ante o Barbadás (0-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B gana ao Sanxenxo (3-1) e o Vilalonga cae no derbi ante o Portonovo (3-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B gaña o Portonovo (0-2) e o Villalonga derrota o Atios para poñerse colíder (2-1)
Por Redacción |
-
Dobrete de Martín Diz e repartición de puntos no Pontevedra B - Moaña (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B cae goleado (6-1) na súa visita ao líder da Preferente, o Atios
Por Redacción |