O Arosa colócase terceiro tras gañar o Pontellas na Lomba (3-1)

Por Redacción
Vitoria sufrida a do Arosa esta fin de semana na Lomba ante o Pontellas que lle permite colocarse terceiro na clasificación con 20 puntos.
O partido comezou cos locais mantendo a posesión do esférico e sen claras ocasións ata chegar ao minuto 13. Foi neste momento cando Julio rematou un centro de Raúl Martiñán que acabou nas mans do porteiro do Pontellas. Aos dous minutos, o Pontellas adiantouse no marcador cun tanto de Fernando.
O gol visitante non fixo dano ao Arosa que tivo unha oportunidade moi clara nas botas de Pedro Beda que finalmente detivo o gardameta. Cinco minutos despois, Raúl Martiñán asistiu a Pedro Beda para empatar o partido. A partir deste intre, os de Vilagarcía atopáronse con múltiples ocasións, unha de Jorge e outra de Pedro Beda. Foi este último o que, tres minutos despois do tanto do empate, deu a volta ao marcador coa o rematar de cabeza un saque de esquina.
Co 2-1 chegouse ao descanso e o Arosa baixou o ritmo pero a pesar diso, o Pontellas non foi capaz de atopar a portería rival. A falta de once minutos para que o colexiado pitase o final do encontro, os locais quedaron cun xogador menos despois de que Martiñán vise a segunda amarela.
O Arosa tiña un xogador menos e non aproveitaba as ocasións que tiña ata que, xa co partido terminado, Suso roubou o balón a un defensa rival e asistiu a Rober para poñer o 3-1 final.
Consulta a acta do Arosa-Pontellas na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Dous goles na segunda metade condenan o Arosa fronte o Compostela (2-0)
Por Redacción |
-
O Arosa volve empatar, esta vez fronte o Arenteiro (1-1)
Por Redacción |
-
Empate sen goles na Lomba entre o Arosa e o líder de terceira, o Ourense (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa empata fronte ao Choco e sae dos postos de play-off (3-3)
Por Redacción |
-
Empate amargo para o Arosa na súa visita ao Somozas (1-1)
Por Redacción |
-
Goleada do Arosa na súa visita a Paiosaco (0-4)
Por Almu Dapena |
-
O Arosa vence ao Arzúa e roza os postos de play-off (2-1)
Por Redacción |
-
Un gol aos dez minutos de encontro dá a vitoria ao Arosa (0-1) en Vilalba
Por Redacción |