O histórico liderado do Granada en Primeira División iguala unha xesta do 'Hai que roelo'
Por Diego Espiño
O 'Hai que roelo', presente na memoria de todos os afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol, volve estar de actualidade, aínda que sexa polo logro conseguido por outro equipo humilde da xeografía nacional.
O triunfo logrado o pasado domingo polo Granada CF no seu estadio contra o Betis (1-0) non só lle colocou por segunda vez na súa historia líder de Primeira División, á espera de ou que suceda no aprazado Barcelona-Real Madrid, senón que igualou unha marca que só outros dous equipos conseguiron, entre eles o Pontevedra na súa época dourada.
Esta particular xesta é a de ser os únicos equipos recentemente ascendidos á máxima categoría que no seu primeiro ano conseguiron situarse primeiros pasada a xornada 10 da competición.
No caso dos granates, á memoria vén un 28 de novembro do ano 1965 (tempada 65-66), cando o Atlético de Madrid dos Luis Aragonés ou Adelardo, entre outros, visitaba un Estadio Municipal de Pasarón cheo ata a bandeira.
Tras un ano en Segunda, o Pontevedra lograra o ascenso e gozaba da segunda tempada da súa vida na elite. Corría a xornada 11 e aquel equipo pequeno pero pelexador chegaba terceiro na táboa a dous puntos do poderoso Atlético, que terminaría proclamándose campión. Aquel once titular con Celdrán, Calleja, Cholo, Batalla, Azcueta, Vallejo, Odriozola, Neme, Ceresuela, Martín Esperanza e Fuertes faría historia. Foi cun gol de Odriozola aos 46 minutos de xogo, o único do partido, que daba un triunfo que quedou escrito con letras de ouro na historia do club.
Non durou moito o liderado, porque unha xornada despois o Espanyol gañaría por 2-0 no seu estadio aos pontevedreses. Con todo non restou nada de valor ao conseguido aquela campaña, que segue sendo a mellor da historia do Pontevedra Club de Fútbol concluíndo nunha fantástica sétima posición.
Segundo a información da conta experta en datos e estatística de fútbol MisterChip, ademais de Granada (2019/2020) e Pontevedra (1965/1966), só igualou este particular récord o Rayo Vallecano, que foi líder de Primeira División durante as xornadas 10 e 11 da campaña 1999-2000.
#OJOALDATO - El @GranadaCdeF es el TERCER EQUIPO RECIÉN ASCENDIDO que logra el liderato de La Liga de la jornada 10 en adelante, tras el Pontevedra (jornada 11 de la temporada 1965-66) y el Rayo Vallecano (jornadas 10 y 11 de la temporada 1999-00).
— MisterChip (Alexis) (@2010MisterChip) October 27, 2019
ENHORABUENA pic.twitter.com/NU38OLRgPI
Relacionadas:
-
O Rayo Vallecano, sucesor do 'Hai que roelo' 56 anos despois
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Melilla cruzan os seus camiños 13 anos despois
Por Diego Espiño |
-
O 'Gol do allo' perde ao seu protagonista. Falece Rafa Ceresuela
Por Ramiro Espiño |
-
75 anos de paixón polo Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |