O Peixe Galego, a estrearse no seu primeiro derbi da tempada
Por Redacción
Semana intensiva de baloncesto a que espera ao Marín Peixe Galego, con dobre cita na Raña na busca do seu primeiro triunfo do curso na Liga LEB Ouro.
O primeiro envite para os marinenses terá lugar este mércores (21:00 horas) co que será o seu primeiro derbi da tempada, ao recibir a un Basquet Coruña en xeira positiva.
O conxunto herculino chega á cita despois de tres triunfos consecutivos que aliviaron o seu irregular comezo de competición (3-2 de balance), mentres que o Peixe aínda que mellorando paulatinamente a súa imaxe segue sen vencer (0-5).
"Creo que estamos trabajando bien, estamos en una buena línea y las victorias tarde o temprano llegarán", sostén o segundo adestrador do equipo, Diego Gómez, que espera que esa vitoria chegue xa este mércores.
Para iso coloca como clave "intentar mantener una solidez, sobre todo atrás" durante os catro parciais, ademais de pechar ben o rebote ante un rival "muy potente" neste apartado.
Álex Mazaira continúa sendo baixa, pero Javi Llorente si poderá contar co resto do plantel, incluíndo a Juanchi Orellano e Joel Hernández que nas últimas semanas arrastraron molestias físicas.
A entrada única para o público non abonado fixouse en 5 euros como promoción especial de Samaín.
Relacionadas:
-
Noite de medo para un Peixe Galego negado en ataque ante o Leyma Coruña (49-63)
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego refórzase co ala-pívot irlandés John Carroll
Por Redacción |
-
O Peixe cae fronte o Huesca e segue sen coñecer a vitoria esta tempada (93-71)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego mellora a súa imaxe pero termina cedendo ante o Gipuzkoa Basket (64-76)
Por Redacción & Diego Torrado |