Bos Aires, parada de Pablo Dapena na busca da clasificación para o Mundial Ironman 70.3 de 2020
Por Diego Espiño
Lonxe de terminar, a tempada de Pablo Dapena entra nunhas semanas decisivas. O triatleta pontevedrés atópase xa en Arxentina onde o vindeiro domingo 3 de novembro competirá no Ironman 70.3 de Bos Aires, que pasa por ser campionato suramericano da especialidade.
Esta categoría precisamente é a que outorga dúas prazas, en lugar dunha, de clasificación directa para o Mundial Ironman 70.3 de 2020 que terá lugar en Taupo, Nova Zelandia. Alí quere estar Dapena, como un das súas metas principais da próxima tempada, e lograr agora o 'slot' ou billete clasificatorio despexaría consideralemente o seu calendario.
"Creo que la oportunidad de Argentina es inmejorable", asegurou a Pontevedraviva o actual subcampión do Mundo de tríatlon de longa distancia, que chega á cita con ganas de desquitarse das súas últimas actuacións en Madrid e Mallorca, onde primeiro unha picada de roda e despois na segunda proba unha caída arruinaron uns resultados que apuntaban alto.
"Quiero reecontrarme a mí mismo después de dos carreras que por H o por B no se ha podido hacer la actuación que me gustaría", mantén o deportista del Team BMC Vifit Sport, que asegura "me noto bien entrenando", con boas sensacións.
En Bos Aires Aires, concretamente no municipio de Tigre, Pablo Dapena afrontará unha carreira 1.900 metros a nado, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé, cunha lista de saída na que figura o estadounidense Rodolphe Von Berg, prata mundial na distancia esta tempada e ouro europeo. Será o seu principal rival polo triunfo, pero non polo slot para o Campionato do Mundo de 2020, ao estar xa clasificado para o evento. Por ese motivo, a Dapena valeralle concluír entre os dous primeiros en todo caso e no podio, ata o terceiro lugar, se Von Berg queda por diante.
Tras esta carreira en Arxentina non terminará a tempada do pontevedrés, que ten previsto competir o 10 de novembro no Challenge de Cidade do Cabo, en Sudáfrica, e que tras a súa mala sorte en Mallorca decidiu ampliar o seu calendario e inscribirse tamén noutra proba desta franquía, o Challenge Daytona (EEUU) do 15 de decembro, que sería o seu sexto evento puntuable desta clasificación particular. "La idea es seguir sumando puntos y poder acabar el año lo más arriba posible", recoñece sobre unha clasificación que o pasado curso encabezou e que lle fixo gañar o bonus de 30.000 dólares compartido co alemán Sebatian Kienle.
Relacionadas:
-
Sen tarxeta de crédito nin certificado de vacinas. A odisea de Pablo Dapena para viaxar de Bos Aires a Cidade do Cabo
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena acaba segundo no Ironman 70.3 de Buenos Aires e consegue o Slot para o Mundial de 2020
Por Redacción |
-
Unha caída no tramo ciclista deixa a Pablo Dapena sen podio no Challenge Peguera
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya queda fóra do podio do Mundial 70.3 de Niza e Dapena remata décimo quinto
Por Redacción |
-
Dapena, ouro no Galego de distancia sprint de Pontevedra e bronce para Saleta Castro
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |