O Peixe Galego refórzase co ala-pívot irlandés John Carroll
Por Redacción
O mal comezo de competición do Peixe Galego na Liga LEB Ouro, con cinco derrotas nos seus cinco primeiros encontros, empuxou á directiva do club para facer un esforzo en forma de reforzo para unha rotación escasa, sobre todo trala lesión de Álex Mazaira.
Ese esforzo traduciuse na chegada do ala-pívot John Carroll, listo para debutar este mesmo mércores no derbi autonómico contra o Basquet Coruña.
O xogador irlandés, de 24 anos e 2,03 metros de estatura, comprométese co conxunto marinense por dous meses, tempo tras o cal se valorará a súa continuidade, segundo confirman desde a entidade peixe.
Carrol chega a Marín procedente do Ostrava da Primeira División da República Checa, pero ata o pasado curso xogaba no Hartford da liga universitaria norteamericana (NCAA), equipo no que no seu último ano alcanzou de media 14,6 puntos e 6,8 rebotes por partido.
Desta forma Javi Llorente suma unha peza máis ao equipo no seu obxectivo de lograr ser competitivos na segunda categoría do baloncesto nacional.
Relacionadas:
-
Taiwo Badmus, xogador máis valorado da sétima xornada na Liga LEB Ouro
Por Redacción |
-
Primeira vitoria do Peixe esta tempada tras gañar o ZTE Real Canoe (72-58)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Noite de medo para un Peixe Galego negado en ataque ante o Leyma Coruña (49-63)
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego, a estrearse no seu primeiro derbi da tempada
Por Redacción |
-
O Peixe cae fronte o Huesca e segue sen coñecer a vitoria esta tempada (93-71)
Por Redacción |