David Cao, vencedor do XXV Open de Tenis Cidade de Pontevedra
Por Redacción
As pistas do Club de Tenis Pontevedra na Caeira foron escenario durante a fin de semana da fase final do XXV Open de Tenis Cidade de Pontevedra 'Lourdes Domínguez', polo menos no que respecta na súa versión masculina.
David Cao e Roberto Rodríguez plantáronse tras varios partidos na final superando na penúltima rolda ao local Iago Domínguez e a Iago Salvador respectivamente.
Unha vez no encontro polo título, Cao impúxose con solvencia ao gañar en dúas mangas, por 6-3 e 6-2.
Este torneo, que reúne algunhas das mellores raquetas do circuíto autonómico, terá continuidade en decembro coa celebración do cadro final feminino, aprazado para precisamente poder contar con xogadoras de nivel que se atopan estas semanas fóra de Galicia participando en diferentes competicións.