A Copa Galicia de Bateis regresa a Marín asegurando unha alta participación
Por Redacción
O remo autonómico reunirase un ano máis na ría de Pontevedra, concretamente en Marín, para vivir unha Copa Galicia de Bateis que apunta a récord de participación.
A pesar de que a competición non se disputará ata o vindeiro sábado 16 de novembro, o comité organizador da Semana Abanca na que se engloba confirmou xa a presenza de ata 80 tripulacións, con 30 femininas no que supón un récord para unha competición deste tipo.
A modo de comparación, en 2018 a cifra de tripulacións participantes foi de 60.
A Copa Galicia, para as edades alevín, infantil cadate e xuvenil tanto en categoría masculina como feminina, disputarase nun campo de regatas situado fronte ao Paseo Alcalde Antonio Blanco en horario aproximado de 16:00 a 18:30 horas do citado día 16, baixo a organización do Clube de Remo Ría de Marín e a Federación Galega de Remo.
Como colofón á xornada o Auditorio Illa de Tambo acollerá a entrega dos galardóns anuais do remo autonómico.
Relacionadas:
-
Tirán vence na Copa Galicia de Bateis celebrada en Marín no medio dun gran ambiente
Por Redacción |
-
Máis de 500 remeiros participarán na Copa Galicia de Bateis en Marín
Por Redacción |
-
Marín, satisfeita co resultado da Copa Galicia de Bateis e a Gala do Remo Galego
Por Redacción |
-
O Club de Remo Rianxo, triunfador da Copa Galicia de Bateis en Marín
Por Redacción |