Derrota en Melilla dun Peixe Galego xusto de forzas (78-67)
Por Redacción
O Club Melilla Baloncesto inflixiu ao Peixe Galego a súa sétima derrota en oito partidos na Liga LEB Ouro, despois dun partido no que se mostraron superiores (78-67).
A escasa rotación coa que compareceron na cita os de Javi Llorente, con apenas oito xogadores dispoñendo de minutos ante as ausencias por lesión de Orellano e Mazairas, ademais da longa viaxe completada no mesmo día, resultaron laxas demasiado pesadas para os de Marín.
Tras lograr a pasada fin de semana o seu primeiro triunfo da tempada, o Peixe saíu disposto a plantar cara a un bo equipo como o melillense, algo que logrou nun igualado primeiro cuarto (19-15).
Con todo custaba ver aro e os locais aos poucos foron abrindo unha importante renda para chegar ao descanso cun claro 40-28.
A desvantaxe era importante, e aínda así o cadro marinense non se rendeu esperando unha oportunidade para achegarse no marcador. Puido chegar mediado o terceiro cuarto cando tras unha acción de Badmus e un triplo de Carroll puxéronse a 7 puntos (47-40), pero o Melilla soubo amornar os nervios e controlar o partido para recuperar a decena de puntos de renda e controlar o marcador ata o final, sen dar opción á sorpresa.
Consulta aquí as estatísticas do Club Melilla Baloncesto - Marín Peixe Galego.
Relacionadas:
-
A escasa rotación condena ao Peixe Galego no derbi fronte ao Club Ourense Baloncesto
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Derrota do Peixe Galego no derbi fronte ao Breogán (72-53)
Por Almu Dapena |
-
O pívot croata Filip Tončinić, novo xogador do Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego valora a opción de reforzarse para optar á permanencia na LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
O desgaste físico condena o Peixe Galego fronte o Mallorca (77-90)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Exame de nivel para o Peixe Galego ante o Mallorca, un dos favoritos ao ascenso
Por Diego Espiño |
-
Orellano non viaxa a Melilla cun Peixe Galego que busca o seu segundo triunfo da tempada
Por Redacción |
-
Taiwo Badmus, xogador máis valorado da sétima xornada na Liga LEB Ouro
Por Redacción |
-
Primeira vitoria do Peixe esta tempada tras gañar o ZTE Real Canoe (72-58)
Por Diego Torrado & Redacción |