Un gol no último suspiro dá a vitoria o Poio Pescamar ante o Móstoles (2-1)
Por Diego Torrado & Redacción
Segundo partido consecutivo do Poio Pescamar en casa no que se enfrontou ao noveno clasificado, o Móstoles.
A primeira parte estivo dominada polo conxunto madrileño que fixo o seu xogo, mentres que o Poio non atopaba o seu sitio na cancha. As ocasións visitantes eran continuas e as locais nulas. O primeiro gol do partido chegou no minuto 10, Alicia Benete gañoulle as costas á zaga rojilla e puxo o 0-1 no marcador. Tras o gol, o Poio mellorou pero non foi capaz de causar problemas á porteira de Móstoles.
Tras o descanso, o conxunto local saíu con ganas de levar o partido e iso fixo. Aos 10 minutos Cárol recortou dentro da área e empatou o encontro, gol que provocou que os compases finais de partido fosen continuas chegadas á porteira rival por parte de ambos os equipos.
Cando parecía que o encontro terminaría en táboas, Andrea Feijoo culminou unha contra en superioridade a favor do Poio e anotou o 2-1. Con este resultado, o Móstoles estaba obrigado a optar polo xogo de cinco se quería levar algo a Madrid, pero o tempo de reaccionar terminouse e os puntos quedaron na Seca.
POIO PESCAMAR (2): Silvia; Andrea Feijoo, Cárol, Irene e Clara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Dani Souza, Anna Rivera, Anna Escribano e Mirian.
MÓSTOLES (1): Silvia; Celia, Shiori, Patri Chamorro e Inma (quinteto inicial). Tamén xogaron, Alicia Benete e Desi.
Árbitros: Guntín Garrido e Otero Mira do colexio galego. Amoestaron a Inma do Móstoles.
Goles: 0-1, min. 10 Alicia Benete. 1-1, min. 30 Cárol. 2-1, min. 40 Andrea.
Incidencias: Pavillón Municipal de Poio. Ao redor de 200 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar golea o Xaloc Alacant e colócase cuarto (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar remonta para vencer ao Leganés e seguir á espreita da cuarta praza (2-4)
Por Redacción |
-
Terceira vitoria consecutiva do Poio Pescamar con goleada ao Cidade das Burgas (5-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Goleada do Poio Pescamar na súa visita o Majadahonda (1-5)
Por Redacción |
-
Majadahonda espera a un Poio Pescamar á alza
Por Redacción |
-
Prohibido fallar para o Poio Pescamar no seu segundo partido consecutivo na casa
Por Redacción |
-
Confirman a Antía Pérez que rompeu o ligamento cruzado: "Es un palo muy grande, peor que el año pasado"
Por Diego Espiño |
-
Derrota do Poio Pescamar ante o Ourense Envialia que continúa invicto esta tempada (2-3)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Poio Pescamar volve a golear, esta vez ao Bilbo a domicilio (4-6)
Por Redacción |
-
Un inmellorable Poio Pescamar golea á UCAM na segunda metade (8-1)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Vitoria contundente do Poio Pescamar fronte ao Universidad de Alicante (1-4)
Por Almu Dapena |