O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción
O Pontevedra B desprazouse esta fin de semana a Ourense para enfrontarse ao Velle nun partido no que os granates puideron rascar un punto cun gol de Ángel García no desconto.
O partido comezou moi igualado para ambos os equipos onde non houbo claras situacións de perigo ata o momento do gol. Foi o xogador local Grabri o que abriu a lata para os de Ourense á media hora de xogo.
Despois do descanso, o Pontevedra empezou a buscar o empate e conseguiuno. No minuto 58, Hugo Jiménez culminou unha contra despois dun córner dos locais. Co marcador igualado, de novo o Velle poñíase por diante cun gol de Abel cando quedaban 4 minutos para que o colexiado pitase o final do partido.
Parecía que os 3 puntos ían quedar en Ourense pero o filial granate conseguiu o definitivo 2-2 cun disparo de Ángel.
Consulta a acta do Velle-Pontevedra B na seguinte ligazón.
O Vilalonga caeu goleado esta fin de semana na súa visita ao Porriño.
O primeiro tanto para os locais chegou no minuto 31 cun gol de Kike. O Vilalonga tardou menos de 10 minutos en igualar de novo o partido, foi Héctor cun gol de penalti, resultado co que se chegou ao descanso.
Tras o intermedio, o Porriño volvía adiantar por partida dobre en tan só 5 minutos. Os protagonistas foron Migui e de novo Kike, que poñían un 3-1 no que se antollaba un partido difícil de remontar para o Vilalonga.
Os de San Pedro querían máis e cun gol de Héctor volvían achegarse no marcador ao seu rival, pero, cando o partido estaba case concluído, Caramés daba a calma ao Porriño cun gol no minuto 89 que supoñía o 4-2 final.
Consulta a acta do Porriño-Vilalonga na seguinte ligazón.
Empate sen goles no partido disputado esta fin de semana entre o Beluso e o Portonovo.
O duelo estivo moi igualado en todo momento e calquera dos dous equipos podían levarse a vitoria. Unha xogada polémica no minuto 55 deixaba aos visitantes cun xogador menos pola expulsión de Alejandro Casal, pero o Beluso non foi capaz de aproveitar a superioridade numérica e non se moveu o marcador.
Consulta a acta do Beluso-Portonovo na seguinte ligazón.
Vitoria pola mínima a do Cambados esta fin de semana ante o Xuvenil de Ponteareas nun partido no que o único gol marcouno Carlos Bicada no minuto 22.
Cando o encontro estaba concluído, o árbitro expulsou ao xogador local Pénjamo con vermella directa.
Con esta vitoria, o Cambados colócase en sétima posición empatado a puntos co Ribadumia.
Consulta a acta do Juventud Cambados-Xuvenil de Ponteareas na seguinte ligazón.
O Céltiga desprazouse esta fin de semana ao campo da Lagoa para enfrontarse ao Mondariz.
O único tanto do partido marcouno Javi no minuto 40. Despois do descanso, o Céltiga buscou o empate pero non o conseguiu, o único que levou foi a expulsión de Bugallo por dobre amarela, a primeira no minuto 84 e a segunda dous minutos despois.
Consulta a acta do Mondariz- Céltiga na seguinte ligazón.
O Ribadumia enfrontouse esta fin de semana ao Cultural Areas, sexto e quinto clasificado respectivamente.
Ningún dos dous equipos conseguiu bater a portería do seu rival por tanto o encontro quedou nun empate a 0.
Con este resultado, o Cultural Areas segue a un punto de diferenza do Ribadumia e a 6 do líder, o Atios.
Consulta a acta do Cultural Areas-Ribadumia na seguinte ligazón.
Partido polémico o vivido esta fin de semana en Baltar de Arriba no que o Sanxenxo enfrontábase á o penúltimo clasificado, a Gran Peña.
O gol tardou en chegar pero antes, o árbitro expulsou ao xogador local, Corrales, no minuto 49 con vermella directa. A pesar de estar cun xogador máis a Gran Peña non puido facer nada para bater a portería do Sanxenxo.
O único gol do partido chegou no minuto 82. Fiti foi o único capaz de mover o marcador en todo o partido cun tanto que lle deu a vitoria ao seu equipo.
Cando o partido estaba practicamente concluído, o colexiado volveu sacar a tarxeta vermella. Esta vez para expulsar ao autor do gol con dobre amarela, a primeira no minuto 50 e a segunda no 90.
A pesar de estar a xogar cun xogador menos, o Sanxenxo deixou tres valiosos puntos en casa que o ascenden ao oitavo posto da clasificación.