A participación de Celia Cerviño no Masters IBP de tenis acaba en retirada
Por Redacción
Celia Cerviño non puido dar continuidade ao seu gran momento de xogo e resultados no Masters IBP que organizada a Rela Federación Española de Tenis en Ceuta.
A tenista pontevedresa chegaba á cita tras conseguir gañar en Portugal o primeiro torneo individual ITF da súa carreira.
Exenta da primeira rolda por ser a terceira cabeza de serie, Cerviño mediuse e superou no seu primeiro encontro a María Martínez, citándose en semifinais coa principal favorita, Estrella Cabeza.
O duelo era de gran dificultade, ante unha tenista que foi top-100 da WTA, pero transcorría no medio dunha tremenda igualdade ata que o físico de Celia dixo basta. Con 4-4 no marcador da primeira manga unhas molestias no seu cuádriceps obrigoulle a renunciar, despois dunhas semanas de gran carga física en varios torneos consecutivos.
A pontevedresa someteuse na mesma cidade ceutí a unha resonancia magnética para determinar o alcance exacto da lesión. Por fortuna non se detectou rotura muscular, só un pequeno edema combinado cunha sobrecarga, polo que se espera que poida volver á pistas dentro duns días en Grecia nun novo torneo do circuíto ITF.
Relacionadas:
-
Celia Cerviño, da pista de tenis ao frontón do edificio de Facenda
Por Diego Espiño |
-
Celia Cerviño ou a ilusión de dedicarse ao tenis profesional desde Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Celia Cerviño pecha o seu mellor ano con triunfo no Open de Pontevedra
Por Redacción |
-
Celia Cerviño, ante unha tempada clave para o seu futuro no circuíto tenístico profesional
Por Redacción |
-
Celia Cerviño segue en xeira positiva e conquista en Portugal o seu primeiro título individual do circuíto ITF de tenis
Por Redacción |
-
Celia Cerviño repite en Portugal título de dobres no circuíto ITF
Por Redacción |
-
A pontevedresa Celia Cerviño estrea o seu palmarés no circuíto ITF de tenis
Por Redacción |