Máis de 500 remeiros participarán na Copa Galicia de Bateis en Marín
Por Redacción
O remo autonómico ten unha cita ineludible o sábado 16 de novembro en Marín coa celebración dunha nova edición da Copa Galicia de Bateis.
A cita foi presentada oficialmente este mércores no Concello de Marín, onde confirmaron que serán dous centenares de remeiras e máis de trescentos remeiros os que competirán na ría de Pontevedra nas diferentes categorías de base, desde a alevín ata a xuvenil.
En total 83 son os bateis rexistrados, unha cifra récord especialmente no que se refire a tripulacións femininas con 34.
A Copa Galicia, incluída dentro da Semana Abanca, disputarase nun campo de regatas instalado fronte ao Paseo Alcalde Antonio Blanco a partir das 15:00 horas da tarde, estando prevista a súa clausura tres horas máis tarde.
Participarán un bo número de clubs galegos: Tirán, Moaña, Rianxo, Ares, Samertolameu, Meira, Narón, Cabo de Cruz, Bueu, Cangas, Mugardos, Coruxo, Chapela, Arealonga, Cabana, Mecos e Puebla.
Como colofón á xornada ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio Illa de Tambo a quinta edición da Gala do Remo Gallego.