Bea Gómez Cortés, mellor deportista do ano para a Universidade de Vigo
Por Redacción
A XXVIII Gala do Deporte Universitario da Universidade de Vigo premiará a Bea Gómez Cortés como mellor deportista universitaria do curso 2018-2019.
A nadadora olímpica pontevedresa recibirá o principal galardón, pero non será a única recoñecida xa que se outorgarán un total de 31 premios individuais e 10 colectivos nunha gala que terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro en Ourense.
Esta gala, que estará presentada pola actriz Iria Pinheiro, terá como madriña a Almudena Pazos e contará coa actuación da compañía pontevedresa Pablo Méndez Performance, pretende distinguir o compromiso coa práctica deportiva e cos seus valores principalmente dentro da comunidade universitaria.
Ademais outros deportistas da comarca recibirán diferentes distincións, como o loitador Pablo García ou o xogador de bádminton do Ravachol pontevedrés Manuel Brea, ambos os dous polos éxitos conseguidos en competicións universitarias e federadas.
Tamén o taekwondista Iván García (Mat's de Marín) pola súa participación na Universiada 2019.
A cerimonia finalizará coa entrega dos XI Premios á Excelencia Académica e Deportiva, dotados con 500 euros cada un e que nesta ocasión distinguirán catro alumnas da Universidade de Vigo.
Relacionadas:
-
As universidades de Vigo, A Coruña e Santiago loitan por representar a Galicia no Campionato de España Universitario
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Bea Gómez recibe en Ourense o premio á mellor deportista universitaria de 2019
Por Redacción |
-
Bea Gómez volve ao equipo nacional no Europeo de piscina curta: "Me hace mucha ilusión"
Por Diego Espiño |
-
María Vilas e Bea Gómez, ouro e prata en 800 libres do Nacional de Inverno
Por Redacción |
-
María Vilas e Bea Gómez, dobre medalla (prata e bronce) nos 400 estilos do Nacional de Inverno
Por Diego Espiño |
-
Jean Marie Okutu, premiado pola Universidade de Vigo como mellor estudante deportista do ano
Por Redacción |