Goleada do Poio Pescamar na súa visita o Majadahonda (1-5)
Por Redacción
Décima xornada da primeira división feminina de fútbol sala. O Poio Pescamar desprazouse a Madrid para enfrontarse ao Majadahonda nun partido no que a igualdade estivo patente durante a primeira metade onde ambos os equipos contaron con ocasións de gol que non foron capaces de materializar, e unha segunda na que as vermellas impuxéronse con claridade para traer os puntos a Pontevedra.
O partido comezou igualado, pero nin unhas, nin outras, foron capaces de abrir a lata ata comezada a segunda metade. Tras o descanso, o Poio Pescamar saíu como leva facendo os últimos partidos, alto en revolucións e con ganas de levar o partido.
En tan só un minuto de xogo, Irene García e Dani Souza conseguían unha renda de dous goles a favor das visitantes. Antes de que se chegase ao ecuador do segundo tempo, a xogadora local, Carmen, batía a portería rojilla despois de realizar unha xogada de estratexia. Pouco despois, as de Pontevedra volvían ampliar a vantaxe, esta vez foi a quenda de Ana Rivera que anotou un balón ao segundo pau.
Quedaban 6 minutos para que concluíse o encontro e o Majadahonda optou polo xogo de cinco que acabou condenando ao equipo xa que, con dous disparos de Caridad desde campo propio, o Poio Pescamar certificaba unha nova vitoria.
MAJADAHONDA (1): Lauri; sheilita, Chili, Cels e Moni (quinteto inicial). Tamén xogaron, Carmen; Peque, Coral, Vero, Mali e Desi.
POIO PESCAMAR (5): Caridad; Andrea Feijoo, Dani Souza, Clara e Irene García (quinteto inicial). Tamén xogaron, Anna Rivera, Anna Escribano, Mirian, Carol e Iria.
Árbitros: Carlos Múnez e Cristian Gutiérrez do colexio madrileño. Amoestaron a Irene García e Silvia no Poio e Moni e Coral no Majadahonda.
Goles: 0-1, min. 23 Irene García, 0-2, min. 24 Dani Souza, 1-2, min. 26 Carmen, 1-3, min. 30 Ana Rivera, 1-4, min. 39 Caridad, 1-5, min. 40 Caridad.
Incidencias: Pavillón Municipal a Granadilla.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar golea o Xaloc Alacant e colócase cuarto (5-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar remonta para vencer ao Leganés e seguir á espreita da cuarta praza (2-4)
Por Redacción |
-
Leganés mide a ambición do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Terceira vitoria consecutiva do Poio Pescamar con goleada ao Cidade das Burgas (5-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar recibe o Cidade das Burgas ao asexo da cuarta praza
Por Redacción |
-
Antía Pérez empeza a conta atrás na súa recuperación tras ser operada con éxito da súa lesión de xeonllo
Por Redacción |
-
Majadahonda espera a un Poio Pescamar á alza
Por Redacción |
-
Un gol no último suspiro dá a vitoria o Poio Pescamar ante o Móstoles (2-1)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Derrota do Poio Pescamar ante o Ourense Envialia que continúa invicto esta tempada (2-3)
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Poio Pescamar volve a golear, esta vez ao Bilbo a domicilio (4-6)
Por Redacción |