O Pontevedra B deixa os 3 puntos ante o Barbadás (0-3)
Por Redacción & Diego Torrado
O Pontevedra B viña de empatar ante o Velle nos últimos minutos de encontro e afrontaba esta fin de semana un duelo contra Barbadás, equipo situado un posto por baixo dos granates.
Os de Ourense non tardaron moito en inaugurar o marcador. No minuto 12, Nespereira mandaba o balón á rede e poñía o 0-1, resultado co que se chegou ao descanso.
Despois do paso polo vestiario, o gol da tranquilidade para os visitantes poñíao Alberto Blanco, subindo o segundo tanto ao marcador no minuto 70.
O Pontevedra estaba obrigado a reaccionar se quería rescatar algún punto na Xunqueira, pero cando o partido xa estaba case finalizado, o xogador granate Expo, mandou o balón á súa propia rede e puxo o 0-3 final.
Consulta a acta do partido Pontevedra B-Barbadás na seguinte ligazón.
Os tres puntos quedaron en San Pedro nun partido no que o Vilalonga demostrou ser superior ao Beluso.
O primeiro gol local chegou no minuto 26 por mediación de David Calo, xogador que volveu ser protagonista na segunda metade para poñer o 2-0 no minuto 55 e con el, dar a tranquilidade ao seu equipo.
A falta de 10 minutos para o final do partido, Marcos Blanco sentenciou cun novo tanto que supoñía o 3-0 para os de Sanxenxo.
Consulta a acta do partido Vilalonga-Beluso na seguinte ligazón.
Partido igualado o vivido esta fin de semana en Baltar no que se enfrontaban o Portonovo contra o Arnoia.
O duelo non se decidiu ata o minuto 82 cando Oli inaugurou o marcador para conseguir o único tanto do partido, e con el, mandar tres puntos valiosos para o Arnoia que se coloca terceiro.
Consulta a acta do partido Portonovo-Arnoia na seguinte ligazón.
Dous goles no primeiros dez minutos condenan ao Cambados na súa visita ao líder, que sentenciou o partido na primeira metade.
O Atios inaugurou o marcador no minuto 7 cun gol de Estefan, e tres minutos despois, Jonatan poñía o 2-0.
Os locais non querían que o partido se lles escapase e, cando se chegaba ao ecuador da primeira metade, Javi Nogueira volvía mandar o balón á rede do Cambados.
Co partido costa arriba para remontar, a tensión dos visitantes aumentaba e as xogadas polémicas tamén. Quedaban 4 minutos para que se chegase ao descanso e o árbitro expulsou con vermella directa a Adrián, deixando ao Cambados cun xogador menos.
A inferioridade numérica sóuboa aproveitar o Atios que, cando o árbitro ía pitar o final do primeiro tempo, Kopa subía o cuarto gol ao marcador, resultado co que concluíu o partido.
Consulta a acta do partido Atios-Juventud Cambados na seguinte ligazón.
Os tres puntos quedaron na Illa a pesar de que empezou adiantándose o Cultural Areas cun gol de Alberto Castiñeira aos 11 minutos de xogo.
O tanto do empate chegaba na segunda metade. Leandro transformaba un penalti no minuto 57 e metía ao Céltiga nun partido que quedou sentenciado 4 minutos despois cun novo gol. Esta vez foi Grego o que puxo o 2-1 para os locais.
Consulta a acta do partido Céltiga-Cultural Areas na seguinte ligazón.
Primeira parte igualada no partido disputado esta fin de semana entre o Ribadumia e o Moaña onde ningún dos dous equipos foi capaz de abrir o marcador ata a segunda metade.
Tras o descanso, os locais empezaron a facer cambios que viñeron moi ben para poñer intensidade ao partido. Un deles foi a entrada de Dieguito, xogador que inaugurou o marcador aos tres minutos de pisar o céspede.
Dez minutos despois, Hugo Soto aumentaba o colchón do Ribadumia cun novo tanto que non foi o último xa que, cando o partido estaba a entrar na recta final, o moañés Hugo Nogueira mandaba o balón dentro da súa propia portería e poñía o 3-0 final.
Consulta a acta do partido Ribadumia-Moaña na seguinte ligazón.
O Xuventude Sanxenxo desprazouse esta fin de semana para enfrontarse ao San Ciprián nun partido que acabou en táboas.
Despois dunha primeira parte sen goles, o gol inaugural marcouno Félix para o Sanxenxo no minuto 63, pero non foi o único do partido xa que o conxunto local reaccionou e conseguiu o gol do no minuto 78 por medio de Borja Rodríguez.
Consulta a acta do partido San Ciprián-Xuventude Sanxenxo na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Ribadumia e Pontevedra B empatan pola mínima (1-1) e o Céltiga golea ao San Ciprián (6-1)
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para un Pontevedra B que se impón o Beluso a domicilio (1-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B non pasa do empate sen goles contra o Gran Peña na Xunqueira
Por Redacción |
-
Empates pola mínima entre Pontevedra B e Porriño (1-1), e no derbi entre Cambados e Portonovo (1-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Repartición de puntos no derbi entre Villalonga e Pontevedra B (1-1) e entre Cambados e Ribadumia (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B gana ao Sanxenxo (3-1) e o Vilalonga cae no derbi ante o Portonovo (3-1)
Por Redacción & Diego Torrado |