Carlos Pouso deixa claras as súas intencións: "Quiero ser más Liverpool que Barça"
Por Diego Espiño
Pese ao claro triunfo do Pontevedra Club de Fútbol ante o Marino de Luanco en Pasarón, o seu novo adestrador, Carlos Pouso, protagonizou unha interesante rolda de prensa na que se mostrou esixente cos seus e na que, por se había algunha dúbida, deixou claro que é o que espera do equipo.
O técnico mostrouse satisfeito da actitude e disposición dos futbolistas, pero "decir que hemos hecho un gran partido estaría mintiendo. Hemos estado correctos y estamos en una línea progresiva ascendente", sinalou.
O que menos lle gustou foi que tras o 1-0 "nos ha faltado un poco de profundidad y verticalidad. Hemos sido un poco lentos en el movimiento de balón en la primera línea, no me gusta que se repase tanto la pelota y más cuando había sistemáticamente un hombre libre por dentro después de dos o tres toques".
Esta apreciación deu paso a unhas declaracións que evidencian o carácter do preparador vasco e sobre todo cal é a súa idea de xogo: "Me pongo muy nervioso cuando veo que tenemos posibilidad de pase hacia delante y jugamos para los costados como un puñetero limpiaparabrisas. No me gusta ese fútbol y voy a intentar que no se vea, voy a intentar un equipo que vaya a cuchillo. Quiero ser más Liverpool que Barça, para que os hagáis una idea".
Pouso profundou neste concepto, moi diferente á proposta que defendía en público o seu antecesor no cargo, Luismi, ao analizar que "no tenemos un equipo para hacer fútbol control, tenemos un equipo con gente alegre, rápida, que se incorpora de segunda línea, con extremos desiquilibrantes, con un nueve que nos da desmarque, que nos aguanta la pelota y con Javi que en la media punta nos puede dar muchas cosas".
Ese o Pontevedra ao que aspira Carlos Pouso, un tamén que encaixe moi pouco porque "prefiero un 2-0 que un 3-1, aunque me tildeis de defensivo. Me enfada mucho que me hagan goles".
Co tempo verase se o consegue e se polo camiño contaxia á afección granate.
Relacionadas:
-
Un erro de vulto de Pol Bueso no desconto cústalle a derrota ao Pontevedra en Santa Eulalia (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Seguinte parada na escalada do Pontevedra, Santa Eulalia del Río
Por Diego Espiño |
-
Pouso non forzará os lesionados: "Conmigo de la camilla al campo no va a jugar nunca nadie"
Por Diego Espiño |
-
Álex Fernández recupera o sorriso no Pontevedra e pide aprender "de lo que nos ha pasado"
Por Diego Espiño |
-
A estatísticas, fiel reflexo do cambio de rumbo no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Máis goles que fútbol no triunfo do Pontevedra sobre o Marino de Luanco (3-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra recibirá o Ibiza na primeira rolda da Copa do Rei
Por Almu Dapena |