O pívot croata Filip Tončinić, novo xogador do Peixe Galego
Por Diego Espiño
Movementos no Marín Peixe Galego. O conxunto da Raña moveuse no mercado para tentar reforzar o equipo e as súas posibilidades de pelexar pola permanencia na Liga LEB Ouro.
Fíxoo logrando facerse cos servizos dun pívot que conta con experiencia na categoría e que chega para reforzar un xogo interior collo ante o pobre rendemento do dominicano Diago Quinn.
O primeiro que confirmou a directiva peixe é precisamente o acordo de rescisión con Quinn, xogador que xa non participou nos dous últimos partidos do equipo anticipando este final. Nos seus 7 encontros en Marín asinou unha media de apenas 5,3 puntos e 2,9 rebotes.
O seu substituto será o Filip Tončinić, un cinco de 2,08 metros de altura con experiencia internacional e que xogou dúas campañas no San Pablo Inmobiliaria Burgos. Na primeira delas (15/16) foi especialmente importante a súa achega con 11 puntos e 6 rebotes por partido entre liga regular e play-off de ascenso, mentres que un ano despois quedou en 6,5 puntos e 2,7 rebotes por partido.
A directiva do Peixe Galego traballa a contrarreloxo para axilizar os trámites de inscrición e que Javi Llorente poida contar con el leste mesma fin de semana no partido que lles enfrontará ao Breogán en Lugo.
Relacionadas:
-
Derrota do Peixe Galego no derbi fronte ao Breogán (72-53)
Por Almu Dapena |
-
Saunders, inesperada baixa por lesión no Peixe Galego na súa visita ao Breogán
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego 'corta' o irlandés John Carroll
Por Diego Espiño |
-
"É unha boa oportunidade para o club e para min", asegura Filip Tončinić no seu primeiro día como xogador 'peixe'
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego valora a opción de reforzarse para optar á permanencia na LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
O desgaste físico condena o Peixe Galego fronte o Mallorca (77-90)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Derrota en Melilla dun Peixe Galego xusto de forzas (78-67)
Por Redacción |