Álex Fernández recupera o sorriso no Pontevedra e pide aprender "de lo que nos ha pasado"
Por Diego Espiño
Despois dunha tempada complicada, na que gozou de poucos minutos, Álex Fernández volve sentir importante no Pontevedra Club de Fútbol.
O centrocampista ourensán, que afronta a súa quinta campaña en Pasarón, fíxose un oco no once titular. Xa disputou este curso tantos partidos (11, con 9 deles de titular) como o pasado, coa diferenza de que se asentou como peza clave tanto con Luismi, Jesús Ramos como agora con Carlos Pouso acompañado das súas mellores cifras goleadoras, xa que acumula tres tantos a estas alturas de competición.
"Estoy con confianza", recoñeceu tras recibir o recoñecemento de mellor xogador do mes de outubro.
"Más que a nivel de partidos el pasado fue un año para olvidar a nivel de lesiones y ahora estoy intentando todo lo que esté en mi mano para que las lesiones me respeten", asegura o futbolista granate, que a pesar do seu protagonismo pide "no individualizar en una persona porque creo que sería erróneo", explica en relación ao rendemento das últimas semanas.
Álex fai exame de conciencia do mal inicio ligueiro, a pesar de reivindicar o traballo do grupo cando non saían os resultados. "Nos tiene que servir lo que ha pasado. Ha sido un inicio de liga a nivel puntos muy malo, nos hemos encontrado ahí abajo y es un tópico, pero tenemos que concienciarnos en dar en cada entrenamiento el 100% para intentar conseguir los puntos en el próximo partido" sinala sen querer falar de cotas máis ambiciosas.
"Después del partido del Getafe parecía que los objetivos eran unos, ahora parece que son otros. Si desde el inicio de temporada fuésemos ganando más partidos podíamos estar hablando de objetivos y de mirar más hacia arriba", engade para pedir agora centrarse nos próximos compromisos sen pensar en nada máis, aínda que consciente de que un triunfo en casa da Peña Deportiva meteríalles de cheo na pelexa polo play-off.
En canto ao novo adestrador, un dos veteranos do plantel como el asegura que "está clara la idea que él quiere y nos la está transmitiendo, y nosotros estamos intentando adaptarnos a ella en el plazo más corto posible para seguir en este camino".
Fóra da competición ligueira, no horizonte aparece tamén unha ilusionante Copa do Rei, con primeira rolda ante o Eivissa a partido único en Pasarón. "¿A qué club, a qué equipo y jugador no le motiva una Copa del Rey? Es más que bonito poder recibir al Ibiza, ganar la eliminatoria y poder esperar un equipo de superior categoría, de Segunda e incluso Primera División. Eso daría un empujón a este club importante". Por iso Álex Fernández pide tratar á Copa "como se debe, con mucha ilusión", pero iso será outra historia.
NAVEIRA DÁ O SUSTO NO ADESTRAMENTO
A sesión de adestramento deste mércores celebrada no campo de fútbol de Cerponzóns tivo como protagonista a Álvaro Naveira, froito dunha desafortunada acción.
O defensor granate fíxose unha fea ferida na tibia ao recibir un golpe cos tacos da bota do seu compañeiro Álvaro Bustos, nunha acción fortuíta, e tivo que ser atendido ante a aparatosidade da brecha. Naveira tivo que abandonar o terreo de xogo e aínda que non se trate dunha lesión de gravidade a ferida, ao necesitar puntos, apartaralle da convocatoria para o duelo da fin de semana.
Relacionadas:
-
Un erro de vulto de Pol Bueso no desconto cústalle a derrota ao Pontevedra en Santa Eulalia (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Seguinte parada na escalada do Pontevedra, Santa Eulalia del Río
Por Diego Espiño |
-
Pouso non forzará os lesionados: "Conmigo de la camilla al campo no va a jugar nunca nadie"
Por Diego Espiño |
-
A estatísticas, fiel reflexo do cambio de rumbo no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pouso deixa claras as súas intencións: "Quiero ser más Liverpool que Barça"
Por Diego Espiño |
-
Máis goles que fútbol no triunfo do Pontevedra sobre o Marino de Luanco (3-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |