"É unha boa oportunidade para o club e para min", asegura Filip Tončinić no seu primeiro día como xogador 'peixe'
Por Diego Espiño
Javi Llorente xa ten ás súas ordes á última fichaxe do Peixe Galego, Filip Tončinić.
O pívot croata estreouse este mércores sobre o parqué da Raña esperando devolver a confianza mostrada pola entidade marinense. "Penso que é unha boa oportunidade para o club e para min, beneficiarémonos mutuamente", sinalou nas súas primeiras palabras como xogador 'peixe'.
Acompañado do seu novo adestrador e do segundo técnico, Diego Gómez, Filip confirmou que "me atopo ben", polo que xa apunta cara ao partido do sábado en Lugo contra o Breogán, tendo en conta que se espera que a tramitación da súa ficha poida completarse a tempo.
"Confiamos en que nos de consistencia interior, en ter ao fin unha referencia clara por dentro", sinalou Diego Gómez sobre a nova torre do equipo.
Con todo o croata pide un pouco de tempo para adaptarse aos seus novos compañeiros e as ideas de Javi Llorente. "Necesito tempo para axustarme á situación, ao que quere o adestrador de min, aos xogadores, tomará un pouco de tempo pero espero que sexa unha transición suave", recoñeceu.
Coñecedor da Liga LEB Ouro tras o seu paso de dous anos polo Burgos, ascenso a ACB incluído, Tončinić mostrouse contento pola decisión de aceptar a proposta marinense que lle permitirá competir en "unha das mellores ligas de Europa".
Relacionadas:
-
Joel Hernández e Romone Saunders viaxan a Estados Unidos e deixan o Peixe Galego en cadro
Por Redacción |
-
Saunders, inesperada baixa por lesión no Peixe Galego na súa visita ao Breogán
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego 'corta' o irlandés John Carroll
Por Diego Espiño |
-
O pívot croata Filip Tončinić, novo xogador do Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego valora a opción de reforzarse para optar á permanencia na LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
O desgaste físico condena o Peixe Galego fronte o Mallorca (77-90)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |