Bea Gómez volve ao equipo nacional no Europeo de piscina curta: "Me hace mucha ilusión"
Por Diego Espiño
Xa é oficial. Bea Gómez Cortés foi convocada pola Real Federación Española de Natación para competir no Campionato de Europa de Piscina Curta que se celebrará do 4 ao 8 de decembro en Glasgow, Escocia.
A nadadora pontevedresa é unha das seleccionadas na convocatoria feita pública este xoves, despois de nadar por baixo das marcas mínimais esixidas en dúas probas (400 estilos e 800 libre) no recente Campionato de España de Inverno, no que foi dobre medallista do mesmo xeito que a súa compañeira de equipo María Vilas.
"Había ido el año pasado a los Juegos del Mediterráneo pero no es lo mismo. Me hace mucha ilusión volver a entrar en el equipo, a ver si engancho ya de cara a este año olímpico y me llevan a concentraciones y competiciones para intentar conseguir el objetivo principal del año, que es hacer la mínima", sinala Gómez Cortés sobre o reto de clasificarse para Tokyo 2020, os que serían os seus segundos Xogos Olímpicos (tras Londres 2012).
As dous deportistas emblema do Club Natación Galaico foron obxecto dunha recepción oficial por parte do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, con quen compartiu os seus obxectivos.
No caso de Bea nadará en Glasgow os 400 estilos (4 de decembro), 200 estilos (7 de decembro) e o 400 libre (domingo 8). Aínda que o Europeo "es muy pronto" o afronta coa intención de "ver si conseguimos afinar y nadar más rápido". Aínda non é tempo en todo caso de pensar nas mínimas olímpicas porque "hay oportunidad ahora, pero realmente la clasificación se va a jugar todo en abril, en el Campeonato de España Open", recoñece.
Pola súa banda María Vilas, a pesar de ter as mínimas europeas, renunciou a competir en Escocia para centrarse nas augas abertas, unha das súas dúas opcións para chegar a Tokyo. A ribeirense acudirá estas semanas a unha concentración internacional en Brasil para preparar esta especialidade pero "sin dejar de lado también la piscina, porque soy una persona que nado fondo y realmente la preparación de un 10.000 en aguas abiertas y un 1.500 o 800 en piscina es muy parecida", explica pensando tamén na tempada de piscina longa.
Relacionadas:
-
Amsterdam, primeiro test para Bea Gómez pensando na clasificación olímpica
Por Redacción |
-
María Vilas, terceira no Río Negro Challenge e Bea Gómez roza a clasificación para a final de 400 libre en Glasgow
Por Redacción |
-
Bea Gómez finaliza en vixésimo lugar nas series de 200 estilos do Europeo de Glasgow
Por Redacción |
-
Bea Gómez debuta no Europeo de Glasgow cun décimo terceiro posto nas series de 400 estilos
Por Redacción |
-
Bea Gómez recibe en Ourense o premio á mellor deportista universitaria de 2019
Por Redacción |
-
María Vilas e Bea Gómez, ouro e prata en 800 libres do Nacional de Inverno
Por Redacción |
-
María Vilas e Bea Gómez, dobre medalla (prata e bronce) nos 400 estilos do Nacional de Inverno
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez Cortés, mellor deportista do ano para a Universidade de Vigo
Por Redacción |