Pouso non forzará os lesionados: "Conmigo de la camilla al campo no va a jugar nunca nadie"
Por Diego Espiño
A convocatoria do Pontevedra Club de Fútbol para o encontro que lle enfrontará este domingo ao Peña Deportiva en Eivissa non chegará a cubrir as habituais 18 prazas.
Estes será así polas ausencias por lesión de varios futbolistas, ao que se une a decisión de non forzar a un xogador como Nacho López que a pesar de incorporarse ao grupo esta semana aínda chega algo xusto á cita.
"Conmigo de la camilla al campo no va a jugar nunca nadie", confirmou este venres en rolda de prensa Carlos Pouso, que non quere expoñerse a recaídas e que asegura que "salvo que sea necesario" actuará desta forma.
Con Naveira fóra da lista debido ao profundo corte que se produciu na morna no adestramento do mércores, o principal contratempo da semana foi a lesión muscular de Alfredo Mejía, que apuntaba ao once titular segundo revelou o propio técnico pero que cunha microrrotura vese obrigado a descansar.
Ademais tampouco viaxará salvo sorpresa de última hora Brian Jaén, debido a unha lumbalxia, polo que o seu posto na lista ocuparao o gardameta canteirán Diego Dadín, en quen "tengo plena confianza", sinalou Pouso.
Desta forma a convocatoria para viaxar a Eivissa compoñerana os 16 futbolistas dispoñibles do primeiro plantel máis o citado Diego Dadín, coa volta de Berrocal superada a súa pubalxia e con Sana N'Diaye, cuxo contratempo ante o Marino quedou finalmente nun susto. Isto é: Edu Sousa, Diego Dadín, Santi Figueroa, Campillo, Pol Bueso, Churre, Jaouad, N'Diaye, Álex Fernández, Berrocal, Pedro Vázquez, Romay, Álex González, Javi Pazos, Álvaro Bustos, Adighibe y Rivera.
Relacionadas:
-
Lesións e sancións deixan o Pontevedra xusto de efectivos
Por Diego Espiño |
-
Un erro de vulto de Pol Bueso no desconto cústalle a derrota ao Pontevedra en Santa Eulalia (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Seguinte parada na escalada do Pontevedra, Santa Eulalia del Río
Por Diego Espiño |
-
Álex Fernández recupera o sorriso no Pontevedra e pide aprender "de lo que nos ha pasado"
Por Diego Espiño |
-
A estatísticas, fiel reflexo do cambio de rumbo no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pouso deixa claras as súas intencións: "Quiero ser más Liverpool que Barça"
Por Diego Espiño |
-
Máis goles que fútbol no triunfo do Pontevedra sobre o Marino de Luanco (3-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |