Saunders, inesperada baixa por lesión no Peixe Galego na súa visita ao Breogán
Por Diego Espiño
A can fraco todo son pulgas. Por se a saída que debe afrontar este sábado (17:00 horas, TVG2) o Peixe Galego non fóra xa complicada, ante todo un aspirante ao ascenso como é o Breogán de Lugo, o club marinense farao baixo mínimos.
Nunha semana de moitos cambios, coas saídas de Diago Quinn e de John Carroll, este último tras pedir a rescisión do seu contrato por problemas físicos, e a chegada do pívot croata Filip Tončinić, os de Marín deberán xogar o derbi galego sen un dos seus xogadores importantes dentro da rotación, Romone Saunders. O escolta estadounidense, que promedia 10,4 puntos por partido, sufriu unha escordadura de nocello no adestramento do xoves e non poderá estar ás ordes de Javi Llorente, do mesmo xeito que Álex Mazaira.
"Es un partido que se nos ha ido complicado durante la semana", recoñece o técnico, que si poderá contar coa nova incorporación, Tončinić, ao chegar a tempo o seu tránsfer.
A pesar de todo o Peixe Galego desprázase á cidade das murallas coa ilusión de competir pola súa segunda vitoria da tempada. "Tenemos que ir a Lugo con la misma mentalidad que tuvimos con Palma, de competir y seguir mejorando nosotros sabiendo que es una pista más que complicada", apunta Llorente.
En fronte estará un equipo, o Breogán, recentemente descendido desde a liga ACB e que pelexa por volver á máxima categoría, aínda que comezou o curso de maneira irregular con 5 triunfos e 4 derrotas sendo actualmente o noveno clasificado.
Relacionadas:
-
Joel Hernández e Romone Saunders viaxan a Estados Unidos e deixan o Peixe Galego en cadro
Por Redacción |
-
Derrota do Peixe Galego no derbi fronte ao Breogán (72-53)
Por Almu Dapena |
-
O Peixe Galego 'corta' o irlandés John Carroll
Por Diego Espiño |
-
"É unha boa oportunidade para o club e para min", asegura Filip Tončinić no seu primeiro día como xogador 'peixe'
Por Diego Espiño |
-
O pívot croata Filip Tončinić, novo xogador do Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego valora a opción de reforzarse para optar á permanencia na LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
O desgaste físico condena o Peixe Galego fronte o Mallorca (77-90)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |