Seguinte parada na escalada do Pontevedra, Santa Eulalia del Río
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol pon rumbo a Eivissa na busca da súa quinta vitoria consecutiva en liga, un triunfo que no caso de chegar metería de cheo aos granates na pelexa polo play-off de ascenso, quen o ía a dicir hai só unhas semanas.
Nas illas, concretamente en Santa Eulalia del Río, espera este domingo (12:00 horas, TVG2) a Peña Deportiva, sorprendente cuarto clasificado con 24 puntos tras unha arranque de liga sobresaliente que fixo esquecer que se trata dun recentemente ascendido á categoría.
A tres puntos chegan os da Boa Vila, pero Carlos Pouso avisa, "ni ganando nos metemos en play-off ni perdiendo nos quedamos sin opciones". O técnico encomia o bo facer do conxunto balear, porque "cuando llevas los partidos que llevas y los puntos que tienes a mí me da mucho respeto, es que están haciendo muchas cosas bien", sinala.
A pesar dos condicionantes do encontro, de novo en céspede artificial "un poco desgastado" ou á posible presenza do vento, Pouso non quere falar de escusas e si de adaptarse ás condicións do partido.
"Tenemos que evitar determinados pases y ser intensos en las disputas", analiza o preparador vasco ante a presión que caracteriza á Peña Deportiva, un equipo que conta con homes que están a destacar na súa faceta goleadora como Marc Fraile (7 tantos) e Pepe Bernal (6).
En canto ao Pontevedra, viaxa a Eivissa cunha convocatoria de 17 homes á que regresa como novidade Berrocal e na que non entran por lesión Nacho López, Mejía e Brian, entrando o gardameta canteirán Diego Dadín. Está composta por: Edu Sousa, Diego Dadín, Santi Figueroa, Campillo, Pol Bueso, Churre, Jaouad, N'Diaye, Álex Fernández, Berrocal, Pedro Vázquez, Romay, Álex González, Javi Pazos, Álvaro Bustos, Adighibe y Rivera.
O colexiado do encontro será o valenciano Carlos Alberto Carbonell Hernández.
Relacionadas:
-
Un erro de vulto de Pol Bueso no desconto cústalle a derrota ao Pontevedra en Santa Eulalia (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Pouso non forzará os lesionados: "Conmigo de la camilla al campo no va a jugar nunca nadie"
Por Diego Espiño |
-
Álex Fernández recupera o sorriso no Pontevedra e pide aprender "de lo que nos ha pasado"
Por Diego Espiño |
-
A estatísticas, fiel reflexo do cambio de rumbo no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pouso deixa claras as súas intencións: "Quiero ser más Liverpool que Barça"
Por Diego Espiño |
-
Máis goles que fútbol no triunfo do Pontevedra sobre o Marino de Luanco (3-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |