Empates pola mínima entre Pontevedra B e Porriño (1-1), e no derbi entre Cambados e Portonovo (1-1)
Por Redacción
Emoción ata o final no duelo que enfrontaba ao Pontevedra B e ao Porriño no Lourambal.
Durante a primeira parte o marcador non se moveu, pero os locais só necesitaron 4 minutos despois de pasar polo vestiario para abrir a lata. Miguel Vilar foi o encargado de inclinar a balanza a favor do Porriño e puxo o 1-0.
Co marcador en contra, o Pontevedra tiña que reaccionar se quería sumar e, cando o partido estaba a chegar ao seu fin, Martín Diz mandou o balón á rede do Porriño para igualar o luminoso e rescatar un punto para os granates.
Consulta a acta do partido Porriño-Pontevedra B na seguinte ligazón.
Empate pola mínima no derbi desta fin de semana entre o Juventud Cambados e o Portonovo.
Empezaron adiantándose os visitantes cun gol de Marcos cando se cumpría pouco máis da primeira media hora de xogo.
O gol do empate chegou na recta final do partido. No minuto 84, Batallón mandaba o balón á rede da portería do Portonovo e poñía o empate no marcador, resultado co que concluíu o encontro.
Con este empate, o Portonovo suma un valioso punto que lle mantén no posto 17, mentres que o Cambados ascende ao posto 8.
Consulta a acta do partido Juventud Cambados-Portonovo na seguinte ligazón.
De novo, empate a 1 no partido que disputaron o Beluso fronte ao Velle esta fin de semana que se decidiu no minuto 89.
Primeira parte sen goles no estadio de As Laxes nun enfrontamento igualado en todo momento, tal e como reflectiu o marcador final.
Despois do descanso, adiantáronse os locais cun gol de Rúa no minuto 56 e cando parecía que a vitoria quedaría en Beluso, os ourensáns conseguiron salvar un punto con gol de Lin.
Consulta a acta do partido Beluso-Velle na seguinte ligazón.
O Arnoia despídese da primeira praza despois de perder na casa ante o Vilalonga.
Nico Fraga foi o protagonista da vitoria do Vilalonga que, co seu gol cando se cumpría a primeira media hora de xogo, permitiu aos de San Pedro, sumar tres valiosos puntos para ascender ao segundo posto (29 puntos) e deixar ao Arnoia en terceiro lugar (28 puntos).
Consulta a acta do partido Arnoia-Vilalonga na seguinte ligazón.
O Municipal de Baltar acolleu esta fin de semana o derbi entre o Sanxenxo e o Ribadumia que finalmente acabou con vitoria pola mínima do conxunto visitante.
O único gol do partido marcouno Dieguito no minuto 31 e permite ao Ribadumia seguir en cuarta posición con 26 puntos. Pola súa banda, o Sanxenxo atópase en novena posición empatado a 20 puntos co Porriño.
Consulta a acta do partido Xuventude Sanxenxo-Ribadumia na seguinte ligazón.
Vitoria do Céltiga por 0-2 na súa visita ao Moaña nun partido igualado que se decidiu nos últimos minutos.
O primeiro gol do encontro marcouno Fernando Lezcano no minuto 22, e tras el, o conxunto local buscou o empate que nunca chegou.
Cando se cumprían os últimos minutos de xogo, chegou o gol da tranquilidade para o Céltiga. Foi Leandro o que mandou o balón á rede de Javi Vidal para poñer o 0-2 co que concluíu o encontro.
Consulta a acta do partido Moaña- Céltiga na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Tres puntos de ouro para un Pontevedra B que se impón o Beluso a domicilio (1-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B non pasa do empate sen goles contra o Gran Peña na Xunqueira
Por Redacción |
-
O Pontevedra B deixa os 3 puntos ante o Barbadás (0-3)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Pontevedra B salva un punto no desconto ante o Velle (2-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B consegue a vitoria pola mínima ante o Valladares (1-0)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Repartición de puntos no derbi entre Villalonga e Pontevedra B (1-1) e entre Cambados e Ribadumia (0-0)
Por Redacción |