Daniel Chamosa, dominador do Campionato Galego de Marcha
Por Redacción
O Campionato Galego de Marcha en Pista celebrado a fin de semana na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal tivo un claro protagonista en Daniel Chamosa.
O atleta pontevedrés da Sociedad Gimnástica colgouse dúas medallas de ouro dos tres metais que sumou o seu equipo.
Chamosa venceu con solvencia na proba dos 5.000 metros cun rexistro de 21:26.25, aínda que un pouco lonxe das súas mellores marcas. Con todo serviulle para vencer tanto na categoría absoluta como na Sub-23.
A outra medalla da Gimnástica chegou de man de Roi Surribas ao ser segundo na categoría Sub-18 e sexto na xeral cun tempo de 26:04.28.
Tamén destacou a actuación do mozo Anxo Jamardo ( sub-12) que quedou ás portas do podio nos 2.000 metros.
Relacionadas:
-
O CGTD acolle este domingo o campionato autonómico de marcha
Por Manu Otero |
-
Dous neumotórax apartan ao marchador Daniel Chamosa da competición
Por Manu Otero |
-
A Sociedad Gimnástica faise coa Copa Galega de clubs
Por Redacción |
-
Mínimas por Nadal na Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, principal reforzo dos equipos da Gimnástica para a nova tempada
Por Redacción |
-
Manuel Hurtado 'baña' á Gimnástica en prata no Nacional de Maratón
Por Redacción |
-
Manuel Hurtado, da Ximnástica, prata no Campionato de Europa Máster
Por Redacción |
-
A Gimnástica de Pontevedra comeza a preparación da nova tempada
Por Almu Dapena |