A Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo reinvéntase na súa 17 edición
Por Diego Espiño
O próximo día 25 de xullo, xoves, o barrio pontevedrés do Burgo acollerá un ano máis a Carreira Pedestre Santiaguiño, e xa van 17 ocasións.
Será unha edición renovada, con pequenos cambios para incluírse dentro do Circuíto de Carreiras Populares que o Concello de Pontevedra puxo en marcha este ano, aínda que sen perder a esencia de proba familiar e festiva que a caracteriza.
A competición contará con saída e chegada na ponte do Burgo ás 11:00 horas da mañá para percorrer, nas categorías sénior, un circuíto de 6.100 metros pola zona da Xunqueira de Alba e parte do Camiño Portugués.
A organización espera a presenza de preto de 400 participantes entre adultos e categorías inferiores, para os que se lles deseñou un percorrido máis reducido en función da súa idade.
Entre as novidades encóntrase precisamente a forma de inscribirse, que debe realizarse anticipadamete a través da web www.championchipnorte.com antes do día 22 de xullo ás 23:59 horas, a excepción dos menores de idade, que poderán anotarse de xeito presencial ata media hora antes da saída.
Aínda que un das características da Carreira Pedestre Santiaguiño é a ausencia de premios, entregaranse como de costume dous trofeos aos campións absolutos masculino e feminina, cos que se renderá homenaxe a Fernando Vázquez Fontenla e á Asociación Amigos do Camiño Portugués.
Relacionadas:
-
Suspenden a Carreira popular do Santiaguiño en solidariedade coas vítimas do tren de Santiago
Por Redacción |
-
PonteNoite 5+5: un espectáculo nocturno de atletismo polas rúas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
ÿxito de participación na I Carreira Pedestre Monte Porreiro Gran Premio UNED
Por Diego Espiño |