Joel Hernández e Romone Saunders viaxan a Estados Unidos e deixan o Peixe Galego en cadro
Por Redacción
Ao Peixe Galego crécenlle os problemas. Aos malos resultados, con só un triunfo nas primeiras 10 xornadas da Liga LEB Ouro, os problemas físicos de varios xogadores e os cambios no seu plantel uniuse un novo quebradizo de cabeza para Javi Llorente.
Dous dos xogadores con maior peso na rotación do equipo marinense, o dominicano Joel Hernández e o estadounidense Romone Saunders, puxeron este martes rumbo a Estados Unidos para tramitar a renovación do seu visado.
Aínda que a entidade marinense tentou reducir ao máximo o tempo de espera desta tramitación, necesaria para que poidan seguir residindo en España, o proceso pode prolongarse varios días, o que lles converte en seria dúbida para o duelo do próximo sábado (19:30 horas) na Raña ante o COB Ourense.
Non só iso, a súa simple ausencia durante a semana condicionará os adestramentos do equipo, xa que limitará o número de efectivos dispoñibles para preparar o derbi autonómico.
O certo é que o caso que máis preocupa é o do escolta Joel Hernández, que promedia 11,4 puntos e case 25 minutos en pista por partido, xa que Saunders ten igualmente complicada a súa presenza contra o COB pola escordadura de nocello que se produciu a pasada semana e que xa lle impediu viaxar co equipo a Lugo para enfrontarse ao Breogán.
Relacionadas:
-
Un Peixe Galego a altibaixos cae derrotado en Lleida (82-70)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego recupera efectivos para o momento clave da tempada
Por Diego Espiño |
-
A escasa rotación condena ao Peixe Galego no derbi fronte ao Club Ourense Baloncesto
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Un Peixe Galego lastrado polas baixas recibe o Ourense na busca da súa segunda vitoria
Por Redacción |
-
Derrota do Peixe Galego no derbi fronte ao Breogán (72-53)
Por Almu Dapena |
-
Saunders, inesperada baixa por lesión no Peixe Galego na súa visita ao Breogán
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego 'corta' o irlandés John Carroll
Por Diego Espiño |
-
"É unha boa oportunidade para o club e para min", asegura Filip Tončinić no seu primeiro día como xogador 'peixe'
Por Diego Espiño |