O duelo entre Pontevedra e Ibiza de Copa do Rei solaparase en horario co 'Clásico'
Por Redacción
Xa hai horario para a estrea esta tempada do Pontevedra Club de Fútbol na Copa do Rei, e seguro non gustará a moitos afeccionados.
O duelo que enfrontará aos granates co Ibiza, en eliminatoria a partido único, disputarase o mércores 18 de decembro ás 19:00 horas no Estadio Municipal de Pasarón. Así o confirmou a entidade pontevedresa.
GRANATES tenéis ganas de Copa?
Primera Ronda de la Copa S. M. el ReyEstadio Municipal de Pasarón
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) November 27, 2019
18/12/2019
19:00
@ibizaud#LoMasImportanteEresTú
Este horario supón coincidir en parte co 'Clásico' do balompé nacional entre Barcelona e Real Madrid, da Primeira División, aprazado no seu día e que comezará unha hora despois, ás 20:00.
Desde que se coñeceu a data do Barcelona-Real Madrid todos os equipos inmersos no torneo do K.O. querían evitar a coincidencia. No caso do Pontevedra o problema radicaba no rival, ao tratarse dun equipo balear suxeito ás condicións da viaxe organizada pola Federación Española, o que dificultaba o cambio de día.
O que aínda non fixo público o club granate é o prezo das entradas para este encontro, ao que previsiblemente só poderán acceder sen pasar por despacho de billetes os socios que retiraron a principio de tempada o 'abono plus'.
Relacionadas:
-
Churre e dez máis para alimentar o soño copeiro do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Alfredo Mejía: "Me ha sorprendido cómo la gente vive el fútbol en Pasarón"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra recibirá o Ibiza na primeira rolda da Copa do Rei
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra coñecerá o seu rival na primeira rolda da Copa do Rei o vindeiro domingo 17
Por Diego Espiño |
-
Aprobado o novo modelo de Copa do Rei, co Pontevedra xa clasificado
Por Diego Espiño |