Leganés mide a ambición do Poio Pescamar
Por Redacción
A remontada na clasificación do Poio Pescamar na Primeira División ten a súa próxima parada na comunidade madrileña.
As vermellas visitan este sábado (19:00 horas) a pista do Leganés, undécimo clasificado con 10 puntos, e fano coa intención de seguir sumando e asaltar se é posible a cuarta posición que dá dereito a xogar o play-off polo título.
Nas últimas semanas as xogadoras adestradas por Raúl Jiménez seguiron unha tendencia á alza con tres vitorias consecutivas que lle colocaron con 22 puntos, a só 1 do cuarto debido a que ocupa o Alcorcón. O cadro madrileño afronta esta fin de semana ademais unha saída complicada, á pista da Penya Esplugues (sexto), que pon a tiro o obxectivo.
Ata a data o Poio, que só perdeu ante os tres primeiros equipos da táboa, mostrouse como un dos mellores visitantes da liga, con 10 puntos de 15 posibles.
O Leganés Masdeporte pola súa banda chega á cita despois de vencer a pasada semana na pista do Bilbo rompendo unha serie negativa de seis derrotas consecutivas.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar remonta para vencer ao Leganés e seguir á espreita da cuarta praza (2-4)
Por Redacción |
-
Terceira vitoria consecutiva do Poio Pescamar con goleada ao Cidade das Burgas (5-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Antía Pérez empeza a conta atrás na súa recuperación tras ser operada con éxito da súa lesión de xeonllo
Por Redacción |
-
Goleada do Poio Pescamar na súa visita o Majadahonda (1-5)
Por Redacción |