O Cisne prolonga o seu bo momento con vitoria ante o Antequera (22-20)
Por Almu Dapena & Diego Torrado
O Cisne segue lider despois de vencer esta fin de semana ao Antequera no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, duro rival que chegaba ao enfrontamento en cuarta posición con 12 puntos na súa marcadora.
Os pontevedreses sabían a importancia que tiña conseguir unha nova vitoria esta tempada, segunda consecutiva en casa, e así o demostraron.
O Cisne empezou cedendo un parcial de dous goles tras o fallo de Javi Vázquez no lanzamento desde os sete metros pero reaccionaron a tempo para igualar o partido. A pesar diso, o Antequera volveu lograr un novo parcial de dous goles cando estaban a piques de cumprirse os primeiros 10 minutos de partido.
Co 3-5 no marcador, de novo o Cisne igualaba o partido, pero a resposta do o seu rival volvía aparecer en forma de gol. A partir de aí, a présa de ambos os equipos por chegar á portería contraria provocou que ata o minuto 17 non se volvese a mover o marcador ata que José Leiras rompeu a seca goleadora e para devolver o empate ao encontro (6-6).
Pouco máis durou a igualdade. O Cisne fíxose forte en defensa e anotou un parcial de tres goles a cero da man de Pablo Gayoso e Álvaro Preciado, logrando unha renda de 4 goles coa que se alcanzou o descanso (13-9).
O paso polo vestiario sentou mal aos de Jabato que estiveron 11 minutos sen atopar a rede contraria e vían como o seu rival igualaba o partido. Pablo Picallo poñía de novo ao Cisne por diante, pero a resposta do Antequera chegaba para empatar de novo.
Cumpríase o minuto 20 e os de branco non querían ceder o partido. Álvaro Preciado botouse ao equipo encima e conseguía un pequeno colchón de dous goles para o seu equipo, que aumentou en catro a falta de poucos segundos para que concluíse o duelo. Parecía que o partido finalizaría así, pero o colexiado descualificou a Picallo e o Antequera aproveitou para reducir en dous goles o resultado final (22-20).
Consulta a acta do partido Cisne-Antequera na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Cisne 'esmaga' o Zarautz e segue líder (33-22)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Cisne vence o Barcelona B nun partido de infarto (33-34)
Por Almu Dapena |
-
Duros rivais para Teucro e Cisne nunha xornada con dobre ración de balonmán na cidade
Por Redacción |
-
O Cisne aproveita os erros ofensivos do Zamora e segue líder (27-24)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne estrélase contra o porteiro do Palma del Río pero volve gañar (20-22)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne saca a garra nos últimos minutos e imponse o Sarrià (30-25)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |