Compás de espera para Támara Echegoyen no Mundial de Nova Zelandia
Por Redacción
Tensa espera para Támara Echegoyen na que se supoñía que debía ser a primeira xornada do Campionato do Mundo de Vela, cita na que a pontevedresa aspira a lograr para España uno dos billetes en xogo para os Xogos Olímpicos de 2020.
A mala climatoloxía reinante este martes en Auckland, co paso dunha potente fronte que deixou ventos de máis de 30 nós e choiva copiosa sobre os campos de regatas, obrigou a suspender gran parte da xornada inicial do Mundial, incluíndo ao 49er FX no que compiten Echegoyen e Paula Barceló.
Nin o 49 er FX nin os Nacra 17 puideron saír á auga, e só os 88 rexistrados na clase 49 er puideron completar algunha manga con máis de catro horas de atraso sobre o horario previsto.
A melloría que se espera para este mércores 4 de decembro espérase permita iniciar a competición mundialista. Tanto é así que o comité organizador programou catro regatas para tentar recuperar as probas canceladas.
Desta forma a fase clasificatoria concentrará a súa actividade, xa que estaban previstas nove mangas ata o día 5, tras o que seguiría unha serie final entre o 6 e o 8 con ata oito regatas disputables e a Medal Race, á que só acceden as 10 primeiras tripulacións da clasificación xeral e que se celebrará o mesmo domingo día 8 de decembro. Chegar a esa regata decisiva é o obxectivo do equipo Echegoyen-Barceló, xa que só 6 tripulacións lograrán praza para Tokyo 2020.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló abandonan no Mundial de vela de Nova Zelandia
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen encara o Mundial de Nova Zelandia, penúltima oportunidade para clasificarse para os Xogos
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, obrigada a retirarse por lesión no Europeo 49er FX de vela
Por Redacción |