Bordils, último desprazamento do ano para o Teucro
Por Diego Espiño
Semana atípica na Sociedad Deportiva Teucro, que esta xornada adiantou o seu partido de liga na División de Honra Prata e este mesmo mércores puxo rumbo a Cataluña.
Os azuis visitan este xoves (21:00 horas) a cancha do Handbol Bordils no que será o seu último desprazamento do ano. Fano co impulso de moral que supuxo a súa vitoria ante o Alcobendas que poñía fina a unha serie negativa de resultados.
"Vamos a intentar llevarnos los puntos para la semana que viene afrontar el derbi con el Novás sin tantas apreturas", recoñeceu Luís Montes antes da saída da expedición teucrista.
O técnico non quere que a situación do seu rival na táboa, décimo cuarto con 6 puntos, rebaixe a tensión nos seus xogadores, xa que o Bordils "cuando juega en casa a nivel defensivo se crece una barbaridad", analiza engadindo que "es un equipo que su fortaleza está en el grupo".
Ferrán Cisneros, á espera de diagnóstico da súa lesión no ombreiro, será a única baixa do Teucro para esta cita, completando a convocatoria o canteirán Cristian Remeseiro.
O obxectivo dos pontevedreses no tramo final do ano, antes do parón de Nadal, é tentar sumar os 4 puntos que quedan en xogo para confirmarse na zona de play-off deixando atrás as dúbidas xeradas en certos momentos da tempada.
Relacionadas:
-
Volta ás andadas do Teucro na cancha do Bordils (33-24)
Por Diego Espiño |
-
O Teucro sofre pero vence ao Alcobendas (31-26)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Preocupación no Teucro pola lesión no ombreiro de Ferrán Cisneros
Por Diego Espiño |
-
O Teucro tira ao lixo un punto en Zarautz (29-29)
Por Diego Espiño |