Támara Echegoyen e Paula Barceló abandonan no Mundial de vela de Nova Zelandia
Por Redacción
Os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 están cada vez máis lonxe para Támara Echegoyen, ouro en Londres 2012 e cuarta en Río 2016.
A regatista pontevedresa e a súa compañeira a bordo do 49er FX, Paula Barceló, retiráronse do Campionato do Mundo que se está celebrando en Nova Zelandia tras as primeiras xornadas de competición.
A lesión de Barceló, que chegou in extremis á cita despois de ser operada pola rotura dun metatarsiano, lastrou as opcións do equipo, que sufriu durante as mangas que logrou completar en Auckland.
Tras suspenderse a primeira xornada prevista, Echegoyen e Barceló estreáronse con resultados dispares, por unha banda cun oitavo e un segundo posto en dous parciais pero por outro picando con 22 e 26 que lles deixaba na 28º posición.
Este xoves non foi diferente (22-11-7-23), finalizando a fase preliminar no 30ª posto, polo que tras consultalo co equipo técnico e médico da Real Federación Española de Vela decidiron optar pola retirada ao non poder axudar a clasificar a España para os Xogos. Con esta decisión, asegura a Federación, trátase de continuar co plan máis adecuado na recuperación da tripulante balear.
As que si seguen na pelexa pola praza olímpica para España no 49er FX son Patricia Suárez e Nicole Van der Velden, que se colocaron oitavas na clasificación, moi preto dos seis primeiros postos que outorgan praza olímpica.
Relacionadas:
-
O Mundial entra na súa fase final con Támara Echegoyen e Paula Barceló na pelexa polo ouro
Por Redacción |
-
Echegoyen e Barceló consolídanse na segunda praza e reforzan as súas opcións de pelexar polo título mundial
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló inician o Mundial con bo pé e anuncian batalla pola praza olímpica
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen vence no Campionato de Oceanía e mira cara o Mundial
Por Redacción |
-
Compás de espera para Támara Echegoyen no Mundial de Nova Zelandia
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen encara o Mundial de Nova Zelandia, penúltima oportunidade para clasificarse para os Xogos
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, obrigada a retirarse por lesión no Europeo 49er FX de vela
Por Redacción |