Galicia estréase ca Copa Rexións UEFA vencendo a Castela A Mancha (2-0) en Portonovo
Por Redacción
Paso de xigante da Selección Galega cara á seguinte fase da Copa de Rexións UEFA, despois de vencer no seu debut ao combinado manchego.
O campo de fútbol de Baltar, en Portonovo, acolleu o primeiro encontro do Grupo F, que ten como sede as Rías Baixas durante esta fin de semana.
Os goles de Brais Abelenda no tramo inicial e de Josiño xa na recta final deron unha importante vitoria ao combinado galego que lle fai depender de si mesmo para certificar o domingo ante Ceuta a clasificación para a Fase Intermedia.
Foi un partido moi equilibrado e con poucas ocasións, pero os de Iván Cancela tiveron unha gran efectividade que lles permitiu facerse co triunfo. De feito foron os casteláns os que tiveron a oportunidade de adiantarse no marcador no minuto 7 de partido, e só un minuto máis tarde, nunha falta lateral a favor de Galicia chegaba o primeiro gol do choque.
O encontro foi transcorrendo sen ocasións e sen un dominador claro ata o tempo de descanso, ao que se chegou co 1-0 para Galicia.
Mantívose a mesma tónica no segundo tempo ata que os locais sentenciaron. Houbo que esperar ata o minuto 82 cando Adri Castro internouse pola dereita e centrou ao segundo pau onde Brais Abelenda baixou o balón e cedeu a Josiño para que este marcase a pracer.
A quenda de penaltis que leva a cabo para evitar por posibles empates na clasificación final foi gañada por Castela A Mancha.
O campo de San Pedro, en Vilalonga, tomará a testemuña da competición este sábado co Ceuta-Castela A Mancha, mentres que o Salvador Otero da Illa acollerá o último encontro entre Galicia e Ceuta o domingo día 8 (12:00 horas).
Relacionadas:
-
Baltar e A Lomba, sedes da fase intermedia da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os alumnos do colexio Sagrado Corazón, seleccionadores de fútbol por un día
Por Redacción |
-
Galicia golea a Ceuta e xogará contra Euskadi na Fase Intermedia da Copa Rexións UEFA (4-0)
Por Redacción |
-
A Copa das Rexións UEFA aterra en Portonovo, A Illa e Vilalonga
Por Redacción |
-
Portonovo, Vilalonga e A Illa, sedes da fase previa da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción |