O Pontevedra viaxa con 16 xogadores para enfrontarse o Las Palmas Atlético
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Pontevedra desprázase esta fin de semana ás Illas Canarias para enfrontarse o domingo (13:00 horas, TVG2) ás Palmas Atlético.
O técnico pontevedrés, Carlos Pouso, afronta o duelo coas baixas de Pol Bueso, Santi Figueroa, Mejía, Naveira, Brian e Javi López, pero recupera a Sana que volve tras a sanción. Con todo, tomou a decisión de viaxar con 16 xogadores en lugar de 18.
Pouso non busca escusas, pero ve moi importante o factor campo neste tipo de partidos ao ser "de hierba sintética con probabilidad de viento. Va estar igual para los dos, pero ellos están más acostumbrados".
Despois de varias xornadas viaxando a campos deste tipo, o técnico asegura que se trata "de una categoría para especialistas, es importante ser camaleónico"
En canto ao seu rival, trátase de xogadores novos "con mucha ilusión que llaman a las puertas del primer equipo". É por iso, que advirte que "la cantera cantaria cuenta con muy buenos futbolistas y con una calidad técnica impresionante".
Décimos na clasificación con 21 puntos e dous postos por baixo dos granates, As Palmas Atlético vén de gañar o último partido, e acumula, en total, seis partidos gañados, seis perdidos, e tres empates no que vai de tempada.
En canto ao Pontevedra, oitavo na clasificación con 22, tentará traer os tres puntos tan necesarios de Canarias, despois de empatar en Pasarón contra o Langreo e de perder contra o Pena Deportiva. É por iso, que o técnico pontevedrés xa está a pensar nos próximos partidos, "la clasificación me va a preocupar en la última jornada, hasta entonces, cuantos más puntos, más cerca estaremos del objetivo final", conclúe.
Relacionadas:
-
As tarxetas amarelas, un problema para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Remonta o Pontevedra con dous goles de Adighibe a Las Palmas Atlético (1-2)
Por Ramiro Espiño |
-
Álvaro Bustos non conclúe a sesión no regreso do Pontevedra aos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
Pol Bueso, cunha microrrotura de fibras, o último en sumarse a unha enfermería que non dá tregua
Por Diego Espiño |
-
Dominio sen froito do Pontevedra sobre o Langreo en Pasarón (0-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |